SEECGalicia

Viaxe a Grecia 2011

Datas: do 5 ao 12 de marzo Itinerario clásico: Atenas, Epidauro, Micenas, Tirinto, Olimpia o Meteora, e Delfos Director: Ricardo Martín 45 prazas máxima – mínimo 40 Prioridade:

  • Profesores socios de SEECGalicia
  • Rigoroso orde de presentación de solicitude

Prazo de preinscrición: 18 de outubro – 15 de novembro Modo: formulario operativo na nosa web a partir do 18 de outubro.

PROGRAMA

SÁBADO 5:

Saída desde os distintos aeroportos galegos; enlace en Madrid para continuar a Atenas. Chégase con tempo suficiente para aloxarse no hotel e facer unha a visita turística guiada polas zonas máis emblemáticas de Atenas: Plaka, Monasteraki, Psiri, Ágora romana, Syntagma…

DOMINGO 6:

Mañá: visita ao Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas Tarde: excursión ao monte Lycabitos.

LUNS 7:

Mañá: visita á Acrópole, museo da Acrópole, Areópago, Ágora grega…. Vista libre ao Museo Benaki (Etnográfico de Grecia)

MARTES 8:

Saída cara ao Peloponeso: Mañá: Micenas e Nemea. Tarde: Nauplio

MÉRCORES 9:

Mañá: Epidauro e Tirinto. Tarde: viaxe cara a Olimpia ou Meteora.

XOVES 10:

Mañá: Olimpia ou Meteora. Tarde: viaxe cara a Delfos.

VENRES 11:

Mañá: Delfos Tarde: viaxe cara a Atenas

SÁBADO 12:

Mañá: libre para compras Tarde: regreso aos aeroportos galegos vía Madrid.

EXTRACTO:

  • Sábado 5 viaxe/visita Stanley**** (Atenas)
  • Domingo 6 Museo/Lycabitos? Stanley ****(Atenas)
  • Luns 7 Acrópole/Ágora/Benaki? Stanley ****(Atenas)
  • Martes 8 Micenas/Nemea/Nauplio? Nauplio***
  • Mércores 9 Epidauro, Tirinto?. Olimpia ou Meteora***
  • Xoves 10 Olimpia ou Meteora? Delfos***
  • Venres 11 Delfos? Stanley**** (Atenas)

PREZO:

711,00€ (en habitación tripla) Este prezo inclúe:

  • Viaxe en avión (Iberia) e traslado a hotel en Atenas.
  • Autocar e guía en español polo Peloponeso
  • Entradas gratis a todos os recintos estatais aos menores de 18 anos ou con carné International Student (profesores con carné International Teacher)
  • Aloxamento con almorzo-buffet en Atenas (H. Stanley ****)
  • Aloxamento con media pensión (cea) polo Peloponeso

Non inclúe as entradas a Benaki (museo privado) nin o funicular a Lycabitos En Atenas non levan guía; serán os propios profesores os que leven aos seus alumnos polos distintos recintos arqueolóxicos Nota: comer en Grecia é bastante máis barato que en España; en Atenas hai numerosos sitios (pizzerías, hamburgueserías, kebáks) baratos onde comer ou cear  

FORMAS DE PAGO:

100,00€ entre o 1 e o 10 de decembro en concepto de RESERVA DE PRAZA a unha conta bancaria que se indicará no seu momento. Estes cen euros non se devolverán salvo que existan causas moi fundadas de anulación (accidentes, enfermidades…)

O resto (611,00€) uns oito/dez días antes da excursión a unha conta bancaria que dea a axencia de viaxes

Advertencias:

– Para a inscrición darase prioridade absoluta aos profesores que sexan membros de SEECGALICIA – A gratuidade da axencia de viaxes será para o coordinador da SEEC