SEECGalicia

Viaxe a Grecia 2013 (últimas novidades)

Comprácenos moitísimo informarvos de que a Viaxe a Grecia foi acollida cun interese tal que neste momento está cuberto o máximo de prazas ofertadas e existe unha lista de espera. Todos os participantes admitidos e os que están en lista de espera teñen nos correos electrónicos que deixaron na súa inscrición instrucións precisas sobre os pasos a seguir (ingreso, conta bancaria, prazos, que facer en caso de estar na lista de espera, etc). A principal novidade é que se adianta ao día 10 inclusive o pagamento do anticipo dos admitidos para poder facilitar así que os preinscritos que quedaron na lista de espera poidan facer o correspondente pagamento do anticipo no caso de houber xa baixas neste momento do proceso. Aconsellamos vivamente a todos os preinscritos que controlen a súas carpetas de correo non desexado pois mensaxes de vital importancia poden ir a para ahí. Rogamos tamén que non se use a moderación desta web para posibles dúbidas, senón que se escriba a secretaria@seecgalicia.org. Moitísimas grazas polo voso interese! Entre todos imos conseguir que esta sexa unha gran viaxe!