SEECGalicia

Viaxe Cultural a Italia 2012. Programa. Prezos. Inscrición.

A continuación detallamos o programa da viaxe a Italia 2012 organizada por SEECGalicia para profesores e alumnos de centros de ensino de Galicia. Será durante os días 18 e 25 de febreiro de 2012, haberá 50 prazas dispoñibles (con prioridade para os profesores socios da SEEC), custará ao redor de 600€ por persoa e haberá que inscribirse no formulario da web de SEECGalicia dende as 00:00 horas do mércores 2 de novembro de 2011 ata o 15 dese mesmo mes. Pica en ler máis para acceder a toda a información.

 

DATAS:

18-25 de Febreiro de 2012

PRAZAS:

Vistos os problemas de hai dous anos, este ano só se ofertarán 50 PRAZAS, ás máximas que Iberia acepta por voo. Iso si: abrirase unha preinscrición de 60 prazas: as dez últimas preinscricións quedarán en “lista de espera” por se xorden baixas inesperadas.

CALENDARIO:

Sábado 18:

Mañá: Alvedro/Peinador-Barajas-Fiumicino-Hotel

Tarde: “libre” para que cada profesor leve á súa xente polos exteriores máis representativos de Roma para que se fagan unha idea do que se vai visitar en días posteriores; evidentemente esta visita deberá ser un paseo ad libitum: Fontana di Trevi, Piazza Spagna….; se se apunta algún profesor ou profesora que non poida exercer este traballo contará co apoio do coordinador dá viaxe

Domingo 19:

Pompeia-Nápoles (todo o día; intentaremos que a visita a Pompeia sexa máis longa (4 horas) e a de Nápoles un simple paseo para comer

Luns 20:

Mañá: visita ao Vaticano: exteriores, Basílica, cripta, (opcional, non incluído nos gastos da viaxe, pero interesante subir á Cúpula, se fai bo tempo), comida rápida para, ás tres da tarde, iniciar a visita “guiada” aos Museos Vaticanos

Martes 21

Mañá: visita Museos Capitolinos, Ara Pacis, Panteón de Adriano….

Tarde: Visita “guiada” por Roma (Colonna Antonina, Pantheon, S. Luigi dei Francesi, Sta. Maria Sopraminerva, Piazza Navona, Campo dei Fiori, barrio xudeu, Portico D’Ottavia e S. Nicola in Carcere (Foro Boario- Olitorio) (5 horas)

Mércores 22

Villa Borghese; dependendo das reservas, mañá ou tarde; o resto libre para que cada profesor leve ao seu alumnado a visitar sitios de interese.

Xoves 23

Florencia todo o día: faremos a viaxe en autocar pero levamos dous condutores para poder facer a visita con calma ao longo do día: proxecto: Tumba dos Médicis, Academa, Santa María dei Fiori, Catedral, Batisterio….

Venres 24

Mañá : Colosseo-Palatino-Foros (5 horas) Tarde: libre

Sábado 20

Mañá: Visita Santa María Maggiore e San Pietro in Víncoli (opcional). Tarde: Regreso.

NOTA: Aínda que xa quedou claro, convén recalcar que durante as mañás ou tardes “libres”, hai infinidade de sitios onde cada profesor en particular pode ir cos seus alumnos; por exemplo: unha tarde-noite ao Trastevere ou visitar outros lugares (Catacumbas, S. Pablo Extramuros, Ponte Sublicio) ou, simplemente, pasear por Roma e facer compras. En todo momento poderase contar co apoio e asesoramento do responsable da viaxe

IMPORTANTE: O calendario semanal pode verse afectado por varias causas: climatoloxía, dispoñibilidade de guías… Aínda que intentaremos ver os mesmos lugares planeados, quizais haxa cambios de días ou horas: por exemplo: a Villa Borguese pola tarde ou pola mañá, os Museos Vaticanos o martes en vez do luns. Para a semana temos contratada á axencia enroma.com, empresa dirixida por un coruñés e será esta axencia a que perfile sobre a marcha o calendario semanal. Para o avión-hotel, temos contratada a axencia Viajes Iberia. Salvo climatoloxía moi adversa, respectaranse as viaxes a Pompeia e Florencia

PREZO:

Estará ao redor dos 600€ para habitacións triplas. Inclúe: Avión Galicia-Roma ida e volta, Hotel (Hotel Siracusa “vicino a Termini” o mesmo de fai dous anos) en réximen de aloxamento-desaiuno; autocares, entradas, guías, da semana en Italia e os dous euros diarios (14,00€) da “ecotasa” do Concello de Roma…. Non van incluídos os billetes de metro-bus por Roma nin a subida á Cúpula de San Pedro; se chega, poderánse abonar os auriculares dos museos e dos recintos archeolóxicos. O orzamento está feito sobre a base de 50 persoas; se non se cubren mínimo 45 prazas, será necesario eliminar algunha actividade. Como hai dous anos, se sobra diñeiro devolverase aos alumnos

INSCRICIÓN:

Os profesores responsables deberán inscribirse e inscribir aos seus alumnos cubrindo o formulario que aparecerá na WEB de Seecgalicia dende o 2 de Novembro as 00,00 horas ata o 15 de Novembro de 2011. Terán prioridade os grupos dos profesores pertencentes a Sección Galega dá Seec. Atenderanse as solicitudes por rigorosa orde de presentación. Unha vez finalizada a inscrición Seecgalicia fará pública a lista de profesores e alumnos admitidos e será comunicada por correo aos interesados.

FORMA DE PAGO:

Os profesores admitidos deberán proceder dá seguinte maneira:

PRIMEIRO PRAZO: cada alumno/a (con seus apellidos e nome) deberá ingresar a cantidade de 100€ por persoa na conta que se indicará non seu momento, indicando no concepto dá transferencia: OPERACIÓN PALATINO: VIAXE ITALIA 2012, antes do 10 de Decembro. Este diñeiro cobrarase como “garantía” de aceptación dá viaxe e para facer as reservas anticipadas en Villa Borghese, Florencia, Vaticanos… unha vez que se faga firme a reserva (sae máis barato facela directamente e pagala con VISA persoal) non se PODERÁ devolver ainda que non se viaxe, salvo que a praza sexa ocupada por outra persoa. A explicación é ben sinxela: os guías e os autocares custan o mesmo vaian 25 que 40 persoas e o orzamento facémolo, en principio, para 50. As reservas nos recintos ou museos, unha vez feitas, NUNCA máis se recuperan. En cambio, se á hora de viaxar, algunha reserva non cóbrese por causa xustificada (enfermidade?), cabe a posibilidade de recuperar os custos de avión-hotel.

SEGUNDO PRAZO: os 500€ restantes hai que ingresalos na conta que nos dea a axencia de VIAJES IBERIA no prazo que ela estableza, pero con antelación suficiente para emitir as tarxetas de embarque

RECORDADE: que, unha vez salga a convocatoria, terán prioridade os profesores socios dá SEEC.

NOTA FINAL: a gratuidade que ofrece a axencia, será para o membro dá Directiva dá SEEC que coordine a expedición.

ROGO FINAL DO COORDINADOR: intentade aclarar ben ao voso alumnado que será una VIAXE CULTURAL; non una viaxe para falar toda a noite no hotel e despois ter que tirar da xente polas rúas de Roma ou Pompeia.