SEECGalicia

“Vide ver os ceos desde Filoloxía”

SeecGalicia en colaboración con "Astronomía na beirarrúa" (Vicerrreitoria de Cultura dá USC) e o Clube de Astronomía "Vega" de Santiago de Compostela, organiza a actividade "Vide ver os ceos desde Filoloxía" . Será o mércores 3 de xuño, no parking da Facultade de Filoloxía da USC, as 22.30 horas.
Veremos os ceos con telescopios, con visións espectaculares da Lúa, Saturno, etc… Explicaranse as constelacións visibles desde Compostela.
Se conseguimos a infraestrutura suficiente, haberá bebidas e refrescos para todos. Todo iso, está claro, SE O TEMPO O PERMITE. Pode vir todo o mundo que queira, profes con alumnos, fillos e demais familia.

Descarga o cartel da actividade en *.pdf.