SEECGalicia

XIII Festival de Teatro Grecolatino de Lugo

Bota a andar o XIII Festival de Teatro Grecolatino de Lugo: Coma sempre por estas datas, levantamos o telón da que será a XIII edición do Festival de Teatro Grecolatino de Lugo, organizado pola Sección Galega da “Sociedad de Estudios Clásicos”. Unha vez máis contamos coa colaboración do Concello lucense a través da Concellería de Educación, cuxo esforzo agradecemos vivamente nun momento económico tan delicado para todos. Animámosvos unha vez máis a traer aos vosos alumnos, pois sen eles e sen vós o festival non ten nin sentido nin futuro. Estamos seguros de que o acolleredes co entusiasmo de sempre.

Programa

3 de marzo, luns: 12:00 Agamenón de Esquilo, grupo Phoenix (veteranos de Parrocha) Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor (A Coruña) 17:00 Tesmoforias de Aristófanes, Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor (A Coruña) 4 de marzo, martes: 12:00 Ifigenia en Áulide de Eurípides, Grupo Noite Bohemia (A Coruña) 17:00 Cásina de Plauto Grupo Noite Bohemia (A Coruña) 5 de marzo, mércores: 12:00 Aulularia de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña) 17:00 Electra de Sófocles, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)