SEECGalicia

XVII Festival de Teatro Grecolatino LUGO – OURENSE – A CORUÑA

Prezados colegas e amigos, coma sempre por estas datas, remitímosvos a información do noso Festival de Teatro Grecolatino.

COORDINADORES: Mª Teresa Amado e Ricardo Martín LUGAR: Auditorio Gustavo Freire (Lugo) Auditorio Municipal (Ourense) Teatro Colón (A Coruña) PATROCINAN: Sección galega da SEEC Concello de Lugo Concello de Ourense

Programa

Lugo

Auditorio Gustavo Freire Día 13 de marzo, luns 12:00 Electra, de Sófocles, Grupo ESM de Bilbao 17:00 Epídico, de Plauto, Grupo ESM de Bilbao Día 14 de marzo, martes 12:00 Bacantes, de Eurípides, Grupo Noite Bohemia, A Coruña 17:00 Pseudolus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña

Ourense

Auditorio Municipal Día 15 de marzo, mércores 12:00 Medea, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor, A Coruña 17:00 Pseudolus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña Día 16 de marzo, xoves 12:00 Hécuba, de Eurípides, Grupo Noite Bohemia, A Coruña 17:00 Pseudolus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña

A Coruña

Teatro Colón Día 22 de marzo, mércores 12:00 Medea, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor, A Coruña 17:00 Miles Gloriosus, de Plauto, Grupo Noite Bohemia, A Coruña

Reservas

Pinchando na ligazón embaixo, podedes acceder ao noso formulario de inscrición.

Prazo: Socios da SEEC: desde o 14 de novembro de 2016 ó 14 de xaneiro de 2017 Non Socios: desde o 23 de novembro de 2016 ó 14 de xaneiro de 2017

Ingresos

5 € por alumno e representación. Conta: ES08 2080 0343 0230 4000 5068 de Abanca, Vista Alegre 106, Santiago.

Folla de Pagamento

Deberá enviarse a folla de pagamento e máis o xustificante de ingreso por correo electrónico a: secretaria@seecgalicia.org Anularase a reserva cuxa folla de inscrición e xustificante de pagamento no se teñan recibido nos 15 días hábiles posteriores á data da realización da reserva. Sen este requisito non se considerará firme a reserva.

Envío de obras e entradas

A partir do 25 de xaneiro de 2017

Contacto

Mª Teresa Amado: tfn. 981 56 31 00, ext. 11888 (de luns a xoves de 10:00 a 11:00) Addendum: Os alumnos que asistan ao festival da Coruña e estean interesados en facer unha visita ao Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón ou aos museos científicos (Casa dos peixes, Planetario, Domus, teñen entrada gratuíta grazas á xestión que fixemos co concello da Coruña. A reserva hai que facela a través de Ricardo Martín (jesmartinfer@wanadoo.es). Unha suxestión: Como hai centros que non teñen alumnos dabondo para encher un autobús, suxerimos que, antes de facer a reserva, vos poñades en contacto con centros próximos para coincidir na data e así compartir gastos de transporte. Animámosvos unha vez máis a traer os vosos alumnos, pois sen eles e sen vós o festival non ten nin sentido nin futuro. Estamos seguros de que o acolleredes co entusiasmo de sempre. Un saúdo cordial SEEC Galicia