Un ano máis, como en cada inicio de curso, facémosvos chegar a programación das nosas actividades para o curso 2014-2015.
A información máis concreta de cada unha delas (periodos de inscrición, bases, etc.) será notificada no momento oportuno.
– TALLERES DIDÁCTICOS
O 3 de novembro o prof. Lillo Redonet impartirá un obradoiro de xogos romanos e outro de escritura romana, dirixidos aos alumnos da titulación de Filoloxía Clásica da Universidade de Santiago de Compostela. Esta actividade conta coa participación do Departamento de Latín e Grego da USC. O número máximo de alumnos será de 20, tendo preferencia os alumnos que sexan socios da SEEC.
– CONCURSO ODISEA
A X edición do concurso Odisea celebrarase entre o 26 de xaneiro e o 13 de febreiro de 2015 e o tema será “O amor en Grecia e Roma”. A inscrición terá lugar desde o 1 de decembro ata o 23 de xaneiro e o concurso será os días 26, 27, 28 e 29 de xaneiro. No caso de haber equipos empatados celebrarase un preguntón de desempate o día 4 de febreiro. Unha vez rematada a fase autonómica os gañadores da cada sede participante competirán entre eles o día 11 de febreiro.
Para este 2015 está confirmada a participación das seccións da SEEC de Galicia, Valencia-Castelló e Alacant, Aragón, Valladolid, A Rioxa, Estremadura, Málaga e Cádiz, e a asociación de profesores de Lenguas Clásicas de Cataluña, APLEC.
A vicepresidenta de SEECGalicia, Maite Miñambres, e Álvaro Pérez Vilariño coordinarán esta actividade.
– CERTAMEN CICERONIANUM
O 20 de febreiro de 2015 celebrarase o Certamen Ciceronianum ás 16:00 na Facultade de Filoloxía da USC. Hai algún cambio de proposta respecto á anterior edición; por iso rogámosvos que leades con atención os arquivos adxuntos, que podedes descargar premendo aquí
– XV FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO
Este ano o Festival de Teatro Grecolatino terá dúas sedes, Lugo e Ourense. O programa, lugar e datas son os seguintes:
LUGO: Auditorio Gustavo Freire
Día 2 de marzo, luns
12:00 h: Edipo Rei de Sófocles, SV Producciones (Madrid)
17:00 h.:Cestiña de Plauto, SV Producciones (Madrid)
Día 3 de marzo, martes
12:00 h.: Antígona de Sófocles, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)
17:00 h.: Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
OURENSE: Auditorio municipal
Día 9 de marzo, luns
12:00 h.: As Bacantes de Eurípides, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
17:00 h.: Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
–I OLIMPIADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS
Organizada en colaboración co Departamento de Latín e Grego, a data de celebración será o 10 de abril. Mandaremos a información proximamente.
– PROBA DE GREGO
Terá lugar o 17 de abril de 2015 ás 16:00 h. na Facultade de Filoloxía da USC. Como no caso do Certamen Ciceronianum, hai algunha modificación respecto a edicións anteriores, tal como consta nas bases adxuntas do concurso.
– VIAXE A GRECIA
En Carnaval,irémonos de viaxe a Grecia. Como sabedes, esta viaxe está pensada para profesores e alumnos dos IES galegos. Estará coordinada por Fernando Domènech. As datas previstas son do 14 ao 21 de febreiro.
– CURSO DE FORMACIÓN PERMANENTE
Realizaremos un curso de Formación Permanente. Estamos pensando en facer un curso de iniciación ao latín falado. Estará dirixido por Cecilia Criado. En todo caso, de aquí a un mes, podedes mandar suxerencias sobre outros temas a través do menú “Contactar” da nosa páxina web. As datas de celebración dependerán da temática.
Por último, lembrade que Clauis nostra, coa promoción de SEECGalicia, ofrece clases gratuitas de Latín e de outras asignaturas impartidas por alumnos da USC na Facultade de Filoloxía durante todo o curso. Máis información en:
www.aclabe.blogspot.com
Shanna
Cesare7 de Abril de 2008Tan prezado Cirilo coma Metodio: cada vez que algue9n me fala de intuisrsmo, pf3f1enseme os pelos como escarpias.Os tradutores, como por outra parte os correctores, os profesores e so on, teiman en que os seus estudos de catro anos, realizados nas cafeteredas e daquela maneira, son patente de corso e exclusividade, como unha colexiacif3n me9dica. Se os tradutores colexiados marcasen de verdade a diferenza, todas as editoriais escollere1n unicamente tradutores colexiados. Pero te9mome que non e9 ased. O problema das traducif3ns non e9 o intuisrsmo, senf3n a calidade, e iso afecta a profesionais e a afeccionados.