SEECGalicia

ACTIVIDADES PREVISTAS PARA O CURSO 2008/2009

A nova dirección da Delegación galega de estudios clásicos, constituída logo das eleccións celebradas recentemente, presenta as actividades previstas para o vindeiro curso, nas que levamos traballando estes dous últimos meses.

CURSOS

Temos xa solicitados e pendentes de aprobación dous cursos no marco da Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua da USC.

Título: “CHIRON: CLÁSICAS 2.0 NA AULA”

Título: “CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GREGO MODERNO II”

CONCURSO ODISEA 2009

  • Temos pensado organizar unha nova edición deste concurso de Cultura Clásica en liña, aínda que con importantes novidades de organización, que poderedes seguir na web.
  • Contamos coa participación da Delegación valenciana da SEEC, como este ano, e iniciamos xa as xestións para contar coa participación da Delegación estremeña e da Delegación catalana.

VIAXES

  • A Delegación galega da SEEC, consciente das inquedanzas de moitos dos seus asociados por visitar os lugares que foron o berce da nosa Cultura Clásica, propón unha serie de viaxes guiadas a Grecia e Italia.
  • Haberá dúas modalidades, unha para socios e outra para profesores socios con alumnos.
  • Neste momento estamos facendo as xestións necesarias para que estas actividades conten co recoñecemento de horas por parte do CEFORE.

XUNTANZAS COAS ADMINISTRACIÓNS

  • Temos solicitada unha reunión coa dirección xeral de centros e dirección xeral de persoal para solicitar información de prazas existentes de latín, grego e cultura clásica e criterios para as futuras, sobre todo nos centros que teñen só a ESO. Esta información será remitida aos socios e á SEEC Madrid.
  • Estamos tamén en contacto co departamento de Latín e Grego da USC para apoiar a creación dun grao específico de filoloxía clásica, ante a inminente aprobación das novas titulacións de Grao en Filoloxía, con vistas á súa adaptación ao novo Espazo Europeo de Educación Superior.