SEECGalicia

APOIO Á TITULACIÓN ESPECÍFICA EN FILOLOXÍA CLÁSICA

Ante a inminente aprobación das novas titulacións de Grao en Filoloxía -con vistas á súa adaptación ao novo Espazo Europeo de Educación Superior- a Xunta Directiva da Delegación galega da SEEC MANIFESTA o seu rotundo e unánime apoio á aprobación dunha Titulación específica de Filoloxía Clásica, fronte á alternativa de aprobación dunha Titulación única en Filoloxía.

Consideramos da maior importancia que no Sistema Universitario de Galicia se manteña esta titulación diferenciada, con vistas á necesaria competitividade dos nosos titulados galegos no conxunto das titulacións de Filoloxía Clásica do Estado Español e doutros estados europeos.