Logo dunha final de infarto, e con empate a 26 puntos (ámbolos dous grupos fallaron a mesma pregunta e acertaron todas as demais: "Comedia cun tráxico como protagonista: RANAS"), ao final foron "seis minutos" os que decidiron o vencedor deste certame, o equipo SIGMAS CONFLICTIVAS, do IES Francesc Tàrrega de VILA-REAL. A nosa noraboa para Joel, Cristòfol e Saúl, e para a súa profesora Mª Teresa Beltrán Chabrera.
En segundo lugar quedan pois LOS SAPIENTÍSIMOS, do IES de Ames. Noraboa tamén para Valeria, Noa e Roque, e para a súa profesora Margarita Olivar Roldán.
Recordamos aos grupos gañadores da fase Galega, LOS SAPIENTÍSIMOS e PIROTECNÍMATA do IES DE AMES, e SEQUERE ME do IES FONTEXERÍA DE MUROS, que están invitados á inauguración do festival de teatro grecolatino de Lugo 2009, que terá lugar o vindeiro luns 9 de marzo, ás 12:00 horas, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, onde se fará a entrega de premios de esta ODISEA 2009.
Xa só nos queda esperar para a edición 2010 da ODISEA o ano que vén. Ata entón.