SEECGalicia

Curso de formación en Aulas Virtuais para profesorado de Clásicas

CURSO DE FORMACIÓN
“AULAS VIRTUAIS PARA CLÁSICAS 2020. Manual de supervivencia”
Tense solicitado recoñecemento da actividade ante a Consellería de Educación

1. MODALIDADE
Curso a distancia mediante a plataforma Webex, proporcionada pola Consellería de Educación.

2. DESTINATARIOS
● Profesores de Clásicas (Cultura Clásica, Grego e Latín) en exercicio nos centros oficiais de ensino durante o curso escolar 2020/21.
● Profesores doutras materias en exercicio nos centros oficiais de ensino durante o curso escolar 2020/21.

3. OBXECTIVO
Formar ao profesorado no deseño e mantemento de Aulas Virtuais para Linguas Clásicas na plataforma Moodle.

4. CONTIDOS
● Deseño do curso. Aparencia. Bloques centrais e bloques laterais.
● Envío de tarefas.
● Subida de recursos.
● Actividades (Glosarios, Cuestionarios, etc.).
● Libro de cualificacións do alumno.
● Moodle plus (outras ferramentas máis alá de Moodle).

5. METODOLOXÍA
Será un curso impartido por un profesor de Clásicas para profesores de Clásicas, deixando un pouco aparte as cuestións meramente informáticas para incidir máis no aproveitamento didáctico do mesmo.
O curso será en realidade un obradoiro onde se comezará creando unha Aula Virtual “real” para Latín de 2BAC, cos contidos e actividades pertencentes ao currículo. Elíxese este nivel porque segundo o protocolo da Consellería eses estudantes serían os principais destinatarios dun ensino non presencial e ademais pola presión engadida das probas ABAU. Óptase por empezar con Latín antes que con Grego, xa que este último ten as dificultades engadidas do alfabeto.
Ademais dos recursos e actividades creadas no curso, os profesores participantes terán a oportunidade de importar á súa Aula Virtual outros xa feitos: probas de flexión nominal e verbal, cuestionarios de literatura, cuestionarios de latinismos, cuestionarios sobre lecturas dos autores propostos etc.
Outra parte importante do curso será a creación do libro de cualificacións do alumno, onde quedarán rexistrados as notas e os comentarios das tarefas por avaliación e se irán xerando as medias correspondentes, para que o alumnado poida ver en cada momento o seu rendemento académico.
Como punto final, falarase doutras ferramentas útiles na didáctica das Clásicas ademais de Moodle, con exemplos concretos do seu uso na aula.

6. DATAS E HORARIO
– Xoves, desde o 8 de outubro ata o 3 de decembro.
– De 19:00h a 21:00h.
– Horas totais: 21, 18 presenciais vía telemática a través da plataforma Webex e 3 non presenciais.

7. PROFESOR
– Álvaro PÉREZ VILARIÑO, Profesor do IES Manuel García Barros de A Estrada.

6. INSCRICIÓN
Número de prazas: 30
Prezo: socios SEEC 20 €, non socios 40 €
Modo de inscrición:
Solicitarase a inscrición antes do próximo xoves 1 de outubro mediante un correo enviado á Secretaría de SEEC-Galicia () no que se fará constar como asunto “curso de aulas virtuais” e no que se indicará o nome completo do solicitante, o centro de traballo e a dirección de correo electrónico. Darase acuse de recibo a cada correo. As solicitudes serán atendidas por rigorosa orde de chegada e terán preferencia os socios de SEECGalicia. O luns 5 de outubro será comunicada a todos os solicitantes a listaxe de admitidos e serán dadas as instrucións para formalizar a matrícula.