Le o argumento da obra. A continuación busca a resposta correcta
ARGUMENTO
Esta obra preséntanos un tema habitual na traxedia grega: a vinganza imposta a Orestes do crime cometido por Clitemnestra e Existo, o final da maldición que sufría a casa real dos Atridas. Agamenón, fillo de Atreo e rei de Micenas, é asasinado pola súa muller Clitemnestra e o seu amante, Existo, cando volve triunfante da guerra de Troia. O único fillo varón, o pequeno Orestes, consegue fuxir da matanza axudado pola súa irmá Electra e escapa a Delfos co seu pedagogo. Durante este tempo as outras fillas do matrimonio, Electra e Crisótemis, viven no palacio mantendo diferentes actitudes: mentres Electra malvive coa esperanza de que chegue Orestes para vingar a morte do seu pai, enfrontándose a Clitemnestra e Existo; Crisótemis vive submisa ós novos señores do palacio.
A acción comeza anos máis tarde, cando Orestes chega de incógnito a Micenas co pedagogo e o seu amigo Pílades, para vingar a morte do seu pai. Orestes urde a vinganza mediante unha trampa: finxe ser un mensaxeiro que comunica a súa propia morte para poder entrar no palacio e matar a súa nai. Electra ó informarse da "morte" de Orestes perde toda esperanza e está a punto de derrubarse. Nisto, prodúcese o recoñecemento dos irmáns (anagnórise) alcanzando aquí a obra o momento de maior tensión ou clímax. Acto seguido terán lugar as mortes de Clitemnestra e Existo, cun descenso da tensión dramática ou anticlímax.
A ACCIÓN DESENVÓLVESE EN...
Argos, importante cidade micénica
Micenas, reino de Agamenón segundo Homero
Esparta, cidade orixinaria de Clitemnestra
¿CAL É A SITUACIÓN DE ELECTRA NO PALACIO DE MICENAS?
Resígnase e acepta que a súa nai e o seu amante sexan os novos señores do palacio
Lamenta o asasinato do seu pai Agamenón e desexa vingalo.
Está desexando casar para marchar do palacio e non ter que aturara á sua nai
AGAMENÓN, REI DE MICENAS, MORREU...
Na guerra de Troia
Afogado, xunto cos seus homes ao regresar de Troia
asasinado pola súa muller Clitemnestra e o seu amante Existo
ORESTES É...
O irmán de Electra, que morre nunha competición dos Xogos Píticos, en Delfos
O irmán que convence a Electra de que non debe matar á súa nai, xa que os deuses non os perdoarían
o antagonista da obra, que levará a cabo a vinganza do seu pai matando a súa nai.
A ANAGNÓRISE É...
O final da obra, cando Orestes mata a a súa nai
A discusión que teñen Electra e Crisótemis sobre como actuar con Existo
O recoñecemento dos dous irmáns, Electra e Orestes, que é o momento de maior tensión ou clímax.