SEECGalicia

FINALIZOU A PRIMEIRA FASE DA ODISEA 2008

Logo dun emocionante desempate finalizou a primeira fase do concurso Odisea 2008. Estos son os cinco primeiros equipos clasificados:

  1. PRIMUS BETA, do IES Fontexería de Muros
  2. SECUNDUS ALFA, do IES Fontexería de Muros
  3. SECUNDUS BETA, do IES Fontexería de Muros
  4. LOS ARISTÓCRATAS, do IES de Ames
  5. LOS ESPARTANOS, do IES Ramón María Aller de Lalín

(Listaxe da Clasificación Definitiva de todos os grupos)

A entrega dos premios aos tres primeiros clasificados terá lugar na inauguración do festival de teatro grecolatino de Lugo o día 3 de marzo no Auditorio Gustavo Freire ás 12:00 horas.

O equipo PRIMUS BETA, primeiro clasificado, disputará a segunda fase do concurso co gañador da comunidade Valenciana, nun novo preguntón que se disputará o próximo xoves 14 de febreiro.

Dende a organización de SEECGalicia queremos darvos ás grazas a tódolos centros pola vosa participación e esperamos vervos a todos na vindeira edición deste concurso.