Datas: do 5 ao 12 de marzo Itinerario clásico: Atenas, Epidauro, Micenas, Tirinto, Olimpia o Meteora, e Delfos Director: Ricardo Martín 45 prazas máxima – mínimo 40 Prioridade:
- Profesores socios de SEECGalicia
- Rigoroso orde de presentación de solicitude
Prazo de preinscrición: 18 de outubro – 15 de novembro Modo: formulario operativo na nosa web a partir do 18 de outubro.
PROGRAMA
SÁBADO 5:
Saída desde os distintos aeroportos galegos; enlace en Madrid para continuar a Atenas. Chégase con tempo suficiente para aloxarse no hotel e facer unha a visita turística guiada polas zonas máis emblemáticas de Atenas: Plaka, Monasteraki, Psiri, Ágora romana, Syntagma…
DOMINGO 6:
Mañá: visita ao Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas Tarde: excursión ao monte Lycabitos.
LUNS 7:
Mañá: visita á Acrópole, museo da Acrópole, Areópago, Ágora grega…. Vista libre ao Museo Benaki (Etnográfico de Grecia)
MARTES 8:
Saída cara ao Peloponeso: Mañá: Micenas e Nemea. Tarde: Nauplio
MÉRCORES 9:
Mañá: Epidauro e Tirinto. Tarde: viaxe cara a Olimpia ou Meteora.
XOVES 10:
Mañá: Olimpia ou Meteora. Tarde: viaxe cara a Delfos.
VENRES 11:
Mañá: Delfos Tarde: viaxe cara a Atenas
SÁBADO 12:
Mañá: libre para compras Tarde: regreso aos aeroportos galegos vía Madrid.
EXTRACTO:
- Sábado 5 viaxe/visita Stanley**** (Atenas)
- Domingo 6 Museo/Lycabitos? Stanley ****(Atenas)
- Luns 7 Acrópole/Ágora/Benaki? Stanley ****(Atenas)
- Martes 8 Micenas/Nemea/Nauplio? Nauplio***
- Mércores 9 Epidauro, Tirinto?. Olimpia ou Meteora***
- Xoves 10 Olimpia ou Meteora? Delfos***
- Venres 11 Delfos? Stanley**** (Atenas)
PREZO:
711,00€ (en habitación tripla) Este prezo inclúe:
- Viaxe en avión (Iberia) e traslado a hotel en Atenas.
- Autocar e guía en español polo Peloponeso
- Entradas gratis a todos os recintos estatais aos menores de 18 anos ou con carné International Student (profesores con carné International Teacher)
- Aloxamento con almorzo-buffet en Atenas (H. Stanley ****)
- Aloxamento con media pensión (cea) polo Peloponeso
Non inclúe as entradas a Benaki (museo privado) nin o funicular a Lycabitos En Atenas non levan guía; serán os propios profesores os que leven aos seus alumnos polos distintos recintos arqueolóxicos Nota: comer en Grecia é bastante máis barato que en España; en Atenas hai numerosos sitios (pizzerías, hamburgueserías, kebáks) baratos onde comer ou cear
FORMAS DE PAGO:
O resto (611,00€) uns oito/dez días antes da excursión a unha conta bancaria que dea a axencia de viaxes
Advertencias:
– Para a inscrición darase prioridade absoluta aos profesores que sexan membros de SEECGALICIA – A gratuidade da axencia de viaxes será para o coordinador da SEEC