Datas: do 9 ao 16 de febreiro
Itinerario clásico: Atenas, Epidauro, Micenas, Tirinto, Olimpia e Delfos
Directores: Fernando Domènech e Miguel Anxo Meixueiro
50 prazas máximo – mínimo 40
PROGRAMA
SÁBADO 9:
Saída desde o aeroporto de A Coruña; enlace en Madrid para continuar a Atenas. Chégase con tempo suficiente para aloxarse no hotel e facer unha a visita turística guiada polas zonas máis emblemáticas de Atenas: Plaka, Monasteraki, Psiri, Ágora romana, Syntagma…
DOMINGO 10:
Mañá: visita ao Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas
Tarde: excursión ao monte Lycabitos.
LUNS 11:
Mañá: visita á Acrópole, museo da Acrópole, Areópago, Ágora grega….
Vista libre ao Museo Benaki (Etnográfico de Grecia)
MARTES 12:
Saída cara ao Peloponeso:
Mañá: Micenas e Nemea.
Tarde: Nauplio
MÉRCORES 13:
Mañá:
Epidauro e Tirinto.
Tarde: viaxe cara a Olimpia.
XOVES 14:
Mañá: Olimpia.
Tarde: viaxe cara a Delfos.
VENRES 15:
Mañá: Delfos
Tarde: viaxe cara a Atenas
SÁBADO 16:
Mañá: libre para compras
Tarde: regreso á Coruña vía Madrid.
PREZO:
715,00€ (en habitacións dobres e triplas). Trátase de case o mesmo prezo total de hai dous anos, coa importante diferencia de que o réxime do hotel Stanley non será de aloxamento e almorzo (2011) senón de aloxamento e media pensión, polo que, aínda que somos de letras, é evidente que a viaxe e máis económica en termos absolutos.
Este prezo inclúe:
- Viaxe en avión (Iberia) e traslado a hotel en Atenas.
- Autocar e guía en español polo Peloponeso
- Entradas gratis a todos os recintos estatais aos menores de 18 anos ou con carné International Student (profesores con carné International Teacher)
- Aloxamento en media pensión en Atenas (H. Stanley ****)
- Aloxamento con media pensión (cea) polo Peloponeso
- Guía oficial en español durante toda a viaxe. Para os que xa fixeron en ocasións anteriores, podemos confirmar que se trata unha vez máis de Eleutherios.
Non inclúe as entradas a Benaki (museo privado) nin o funicular a Lycabitos
Nota: comer en Grecia é bastante máis barato que en España; en Atenas hai numerosos sitios (pizzerías, hamburgueserías, kebábs) baratos onde cubrir as comidas que non estean incluidas na media pensión.
FORMAS DE PAGO:
O resto (615€) uns oito/dez días antes da excursión a unha conta bancaria que dea a axencia de viaxes
Advertencias:
– Para a inscrición darase prioridade absoluta aos profesores que sexan membros de SEECGALICIA cos seus respectivos grupos.
– A gratuidade da axencia de viaxes será para os coordinadores da SEEC
Prioridade:
- Profesores socios de SEECGalicia
- Rigoroso orde de presentación de solicitude
Prazo de preinscrición: 15 de novembro – 30 novembro
Modo: formulario operativo na nosa web a partir do 15 de novembro.