SEECGalicia

II LVDI COMPOSTELLANI MÉRCORES 3 DE MAIO DE 2017

Coincidindo coa entrega de premios aos gañadores e gañadoras da “III Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos” o vindeiro mércores 3 de maio, SEEC Galicia organiza na Facultade de Filoloxía os II LVDI COMPOSTELLANI nos que se realizarán diferentes actividades relacionadas coa cultura clásica para estudantes de primaria, secundaria e bacharelato, coa colaboración do alumnado e profesorado de Filoloxía Clásica e Historia da USC, IES Arcebispo Xelmírez II, IES de Ames, IES San Tomé de Freixeiro e IES de Melide.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Data: mércores 3 de maio de 2017
Lugar: Facultade de Filoloxía da USC
11.00. Obradoiros, duración 1 h.
Obradoiro de cociña: aula B03
Obradoiro de ciencia: sala 313
Obradoiro de taboíñas micénicas: aula B13
Obradoiro de escritura latina e grega: vestíbulo 1ª planta
Obradoiro de moda clásica: vestíbulo 3ª planta
Obradoiro de xogos: salón de actos
11.00. Xincana mitolóxica por Compostela, saída da Praza do Obradoiro, diante do pazo de Fonseca, duración 2 h.
12.15. A Academia de Platón: montaxe teatral a cargo do Grupo Teiroa do IES de Melide no vestíbulo da Facultade de Filoloxía (duración 10 mm)
12. 45. Obradoiros, duración 1 h.
Obradoiro de cociña: aula B03
Obradoiro de ciencia: sala 313
Obradoiro de hoplitas gregos: aula B13
Obradoiro de escritura latina e grega: vestíbulo 1ª planta
Obradoiro de moda clásica: vestíbulo 3ª planta
Obradoiro de xogos: salón de actos
16.00. Obradoiros, duración 1 h.
Obradoiro de ciencia: sala 313
Obradoiro de hoplitas gregos: salón de graos
Obradoiro de escritura latina e grega: vestíbulo 1ª planta
Obradoiro de moda clásica: vestíbulo 3ª planta
Obradoiro de xogos: salón de actos
17.30. A Academia de Platón, montaxe teatral a cargo do Grupo Teiroa do IES de Melide no salón de actos da Facultade de Filoloxía (duración 10 mm)
17.45. Desfile de moda clásica a cargo do alumnado do IES e Melide no salón de actos da Facultade de Filoloxía.
18.00. Entrega de premios III Olimpíada de Tradución no salón de actos da Facultade de Filoloxía.
18.30. Fin da xornada.

Para poder participar nestas actividades o profesorado responsable deberá cubrir e enviar o formulario de inscrición até o día 26 de abril. En cada obradoiro só poderán participar un nº máximo de 20 alumn@s, e na xincana mitolóxica 30. Recórdase que a asistencia aos obradoiros e xincana mitolóxica implica a participación activa do alumnado. As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia o alumnado do profesorado ou dos centros socios da SEEC e dos centros colaboradores na organización destes Ludi. Nesta edición as actividades ofertadas serán de balde, custeadas pola Sección Galega da SEEC.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Contacto: (Para calquera cuestión relativa a asistencia aos LVDI COMPOSTELLANI)