Esa é a palabra que se achega máis ao sentir de toda a dirección da SEECGalicia diante do anteproxecto da innumerable -xa perdimos a conta- reforma do sistema educativo español. Case 25 anos de perda de peso da ensinanza da cultura e as linguas de Grecia e Roma no ensino secundario. E agora queren xa definitivamente acabar con todos os referentes das raices da nosa cultura occidental na educación deste pais. Tal vez seralle útil ao sistema político-económico que os cidadáns deste pais sexan máis ignorantes e incultos e non teñan a oportunidade de aprender dun pasado, de Grecia e Roma, que aínda está no horizonte da nosa civilización europea e presente en todas as manifestacións culturais e do saber actuais. A todos os socios e as socias da SEEC e a calquera que nos siga nesta web manifestamos que faremos todo o que estea nas nosas máns para parar semellante disparate.
INDIGNACIÓN !
1 de Outubro de 2012 / 5 respostas
Alvaro
Apoio a vosa entrada!
Ana Peña
Mil grazas por ese respaldo tan necesario neste momento a todos os que dun xeito ou doutro tentamos dar a coñecer as nosas raíces culturais.
Tedes o meu apoio para deter esta sinrazón que se vai chamar Lomce, se é que aínda estamos a tempo!
Un saúdo
seecgalicia
Querida Ana:
a toda prisa te contesto. Sí, a ver si todos juntos conseguimos algo. Llevamos quince días en ello pero la situación pinta mal.
Mil gracias por tu comprensión con lo de los comentarios de nuestra web. Como ves, ya los hemos metido. Y, efectivamente, no funcionaba el buzón de sugerencias. Si no nos lo dices, ni nos enteramos. Hoy queda arreglado.
Inevitablemente se producen errores que espero que todos podáis disculpar. Basta con que nos los hagáis notar. La gestión de SEECGalicia exige mucho trabajo por parte de todos los integrantes de la directiva que, como te puedes imaginar, tenemos múltiples sus obligaciones profesionales en IES y en Universidad.
En fin, que mil gracias y ánimo a todos.
Ana Peña
Por suposto que todos temos erros, pero vós solventástelos inmediatamente así que grazas a vós!
A cousa empeza a moverse máis seriamente, dende a Seec Madrid propoñen enviar cartas directamente ao ministro dende universidades e mesmo dende os departamentos de clásicas dos Ies. Eu estou tentando poñerme en contacto con tódolos compañeiros que coñezo para que escribamos cantas máis cartas mellor (inclúome aínda que non teño traballo neste momento 🙁
Por se vos interesa ver que outras iniciativas se están tomando, podedes seguir o grupo “Somos de clásicas” en google e en twitter:
https://groups.google.com/groups/opt_out.
https://twitter.com/ somosdeclasicas
E, de paso, lémbrovos que outras seec xa teñen conta en twitter 🙂
Ana
seecgalicia
Sí, Ana, ya estamos trabajando en lo de la cuenta en Twitter pero, sinceramente, no damos más.
Estos días enviaremos a todos los socios y centros de Galicia una carta-modelo (en la que podéis, por supuesto, introducir cuántas modificaciones queráis) para que, quien lo considere oportuno, la envíe al Ministerio.