A continuación detallamos o programa da viaxe a Italia 2014 organizada por SEECGalicia para profesores e alumnos de clásicas de centros de ensino de Galicia. Será durante os días 1 e 8 de marzo de 2014, haberá 50 prazas dispoñibles, custará 635 euros por € por persoa (en habitación tripla) e haberá que inscribirse no formulario da web de SEECGalicia dende as 00:00 horas do martes 12 de novembro de 2013 ata as 24.00 do 27 dese mesmo mes.
DATAS
1 e 8 de marzo de 2014
PRAZAS
Ofertaranse 50 PRAZAS, ás máximas que Iberia acepta por voo. Os solicitantes que excedan este número pasarán a formar parte dunha lista de espera que se irá actualizando en función das eventuais baixas.
CALENDARIO
Sábado 1
Mañá: Alvedro-Barajas-Fiumicino-Hotel
Tarde: “libre” para que cada profesor leve á súa xente polos exteriores máis representativos de Roma para que se fagan unha idea do que se vai visitar en días posteriores; evidentemente esta visita deberá ser un paseo ad libitum: Fontana di Trevi, Piazza Spagna….; se se apunta algún profesor ou profesora que non poida exercer este traballo contará co apoio do coordinador da viaxe.
Domingo 2
Mañá: visita ao Vaticano: exteriores, Basílica, cripta, (opcional, non incluído nos gastos da viaxe, pero interesante subir á Cúpula, se fai bo tempo), xantar rápido para, ás tres da tarde, iniciar a visita guiada aos Museos Vaticanos.
Luns 3
Pompeia-Nápoles (todo o día; intentaremos que a visita a Pompeia sexa máis longa (4 horas) e a de Nápoles un simple paseo para comer.
Martes 4
Mañá : Colosseo-Palatino-Foros. Tarde: libre para que cada profesor leve ao seu alumnado a visitar sitios de interese.
Mércores 5
Mañá: Villa Borghese.
Tarde: Visita guiada por Roma (Colonna Antonina, Pantheon, S. Luigi dei Francesi, Sta. Maria Sopraminerva, Piazza Navona, Campo dei Fiori..).
Xoves 6
Florencia todo o día: faremos a viaxe en autocar pero levamos dous condutores para poder facer a visita con calma ao longo do día: Tumba dos Médicis, Academia, Santa María dei Fiori, Catedral, Batisterio….
Venres 7
A nosa idea é que neste día os profesores poidan visitar libremente cos seus alumnos diversos lugares que poidan ser do seu interese entre a enorme variedade deles que ofrece Roma: Museos Capitolinos, Museo Nacional Palazzo Massimo, Catacumbas, San Pablo Extramuros, Termas de Caracalla,Ponte Sublicio.. Ou tamén visitar algún monumento que non fora visitado durante la visita guiada da tarde do mércores. En todo momento poderase contar co apoio e asesoramento do responsable da viaxe
Tarde-noite: Trastevere
Sábado 8
Mañá: Visita Santa María Maggiore e San Pietro in Víncoli (opcional) ou tempo libre para compras
Tarde: Regreso.
IMPORTANTE
O calendario semanal pode verse afectado por varias causas: climatoloxía, dispoñibilidade de guías… Aínda que intentaremos ver os mesmos lugares planeados, quizais haxa cambios de días ou horas. Para a semana temos contratada á axencia enroma.com, empresa dirixida por un coruñés e será esta axencia a que perfile sobre a marcha os eventuais cambios. Para o avión-hotel, temos contratada a axencia Viajes Barceló. Salvo climatoloxía moi adversa, respectaranse as viaxes a Pompeia e Florencia.
PREZO
Serán 635€ para habitacións triplas (700 € en dobres e 790 € en individual). Inclúe: Avión Galicia-Roma ida e volta, Hotel (Hotel Siracusa “vicino a Termini” o mesmo das últimas dúas viaxes) en réximen de aloxamento-almorzo; autocares, entradas, guías, auriculares nas visitas que sexan obrigatorios e os tres euros diarios (21,00€) da “City Tax” do Concello de Roma…. Non van incluídos os billetes de metro-bus por Roma nin a subida á Cúpula de San Pedro. O orzamento está feito sobre a base de 50 persoas; se non se cubren un mínimo de 45 prazas, será necesario eliminar algunha actividade.
Viaxes Barceló pon a disposición dos alumnos rifas para que poidan financiar esta viaxe.
INSCRICIÓN
Os profesores responsables deberán inscribirse e inscribir aos seus alumnos cubrindo o formulario que aparecerá na WEB de Seecgalicia dende as 00:00 horas do martes 12 de novembro de 2013 ata as 24.00 do 27 dese mesmo mes. Atenderanse as solicitudes por rigorosa orde de presentación tendo absoluta preferencia os profesores socios de SEEC Galicia cos seus grupos de alumnos. De non completarse o cupo de prazas poderán ser admitidos outros participantes seguindo esta orde de prelación:
- Alumnos socios de SEEC Galicia. (Trátase de favorecer aos que teñen menos recursos para acceder a este tipo de viaxes).
- Resto dos socios de SEEC Galicia (profesores sen alumnos e outros).
- Non socios, que terán que pagar un extra de 30 euros. (Posibles acompañantes de socios están incluidos dentro deste grupo).
Unha vez finalizada a inscrición, farase pública a lista dos admitidos e será comunicada por correo aos interesados. Os non admitidos inicialmente pasarán a formar parte dunha lista de espera e serán chamados por rigurosa orde en función das eventuais baixas que se produzan.
FORMA DE PAGO
Os profesores admitidos deberán proceder da seguinte maneira:
PRIMEIRO PRAZO: cada alumno/a (con seus apellidos e nome) deberá ingresar a cantidade de 100€ por persoa na conta que se indicará non seu momento, indicando no concepto dá transferencia: OPERACIÓN ARAPACIS: VIAXE ITALIA 2014, antes do 12 de Decembro.
Este diñeiro cobrarase como “garantía” de aceptación dá viaxe e para facer as reservas anticipadas en Villa Borghese, Florencia, Vaticanos… unha vez que se faga firme a reserva destes museos (sae máis barato facela directamente e pagala con VISA persoal) non se PODERÁ devolver ainda que non se viaxe, salvo que a praza sexa ocupada por outra persoa. A explicación é ben sinxela: os guías e os autocares custan o mesmo vaian 25 que 40 persoas e o orzamento facémolo, en principio, para 50. As reservas nos recintos ou museos, unha vez feitas, NUNCA máis se recuperan.
SEGUNDO PRAZO: os 535€ (600 ou 690 no seu caso) restantes hai que ingresalos na conta que nos dea a axencia de VIAJES BARCELÓ no prazo que ela estableza, pero con antelación suficiente para emitir as tarxetas de embarque
NOTA FINAL: a gratuidade que ofrece a axencia, será para o membro dá Directiva ds SEEC que coordine a expedición.
ROGO FINAL DO COORDINADOR
Intentade aclarar ben ao voso alumnado que será unha VIAXE CULTURAL; non unha viaxe para falar toda a noite no hotel (e aínda menos saír de noite) e despois ter que tirar da xente polas rúas de Roma ou Pompeia. Trátase dunha viaxe de estudos, cun programa intenso, como podedes ver, e no que esperamos dos nosos alumnos o máximo aproveitamento.