SEECGalicia

Festival de Teatro Grecolatino Lugo-Ourense 2015 – Programa e reserva de praza

Prezados colegas e amigos:
Coma sempre por estas datas, levantamos o telón da que será a XV edición do Festival de Teatro Grecolatino, organizado pola Sección Galega da “Sociedad de Estudios Clásicos”. Conscientes da dificultade que teñen os centros de máis lonxe para asistiren a Lugo, este ano decidimos levar o teatro durante un día a Ourense e mantemos dous días de representación en Lugo.

Unha vez máis contamos coa colaboración do Concello lucense, a través da Concellería de Educación, e agora tamén do de Ourense por medio da Concellería de Educación e Cultura. Grazas a ámbolos dous por axudar ao noso proxecto de difusión do teatro clásico,

Malia sopraren ventos contrarios, seguimos a manter o prezo de 5 € por alumno e obra e os tres días de programación.

Programa

Lugo

Auditorio Gustavo Freire

Día 2 de marzo, luns

12:00 Edipo Rei de Sófocles, SV Producciones (Madrid)
17:00 Cestiña de Plauto, SV Producciones (Madrid)

Día 3 de marzo, martes

12:00 Antígona de Sófocles, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)
17:00 Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

Día 4 de marzo, mércores

12:00 Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

Ourense

Auditorio Municipal

Día 9 de marzo, luns

12:00 As Bacantes de Eurípides, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
17:00 Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

Reservas

Pinchando na ligazón embaixo, podedes acceder ao noso formulario de inscrición.

Prazo:
Socios da SEEC: desde o 17 de novembro de 2014 ó 20 de xaneiro de 2015
Non Socios:desde el 24 de novembro de 2014 ó 20 de xaneiro de 2015

Ingresos e Folla de pagamento

5 € por alumno e representación. Conta: ES08 2080 0343 0230 4000 5068 de Abanca, Vista Alegre 106, Santiago. Pinchando no botón de embaixo podedes descargar a folla de pagamento para a presente edición do festival.

Nos 15 días hábiles posteriores á data de inscrición deberá enviarse a folla de pagamento e máis o xustificante de ingreso por correo electrónico ou por correo postal a: Mª Teresa Amado, Facultade de Filoloxía, Avda de Castelao s/n, 15782 Santiago.

Sen este requisito non se considerará firme a reserva.

Envío de obras e entradas

A partir do 20 de xaneiro de 2015

Contacto

Mª Teresa Amado: tfn. 981 56 31 00, ext. 11888 (de luns a xoves de 10:00 a 11:00)
Correo electrónico: )

Animámosvos unha vez máis a traer aos vosos alumnos, pois sen eles e sen vós o festival non ten nin sentido nin futuro. Estamos seguros de que o acolleredes co entusiasmo de sempre.

Un saúdo cordial