Prezados colegas e amigos:
Coma sempre por estas datas, remitímosvos a información do noso Festival de Teatro Grecolatino. O éxito de participación da pasada edición fai que manteñamos os tres días en Lugo e aumentemos a dous os de Ourense, xa que a pasada edición non puidemos atender todas as solicitudes de entradas. Unha vez máis contamos coa colaboración do Concello lucense, a través da Concellería de Cidadanía, e do concello de Ourense por medio da Concellería de Educación e Universidade. Grazas a ambos os dous por axudar ao noso proxecto de difusión do teatro clásico,
Un ano máis mantemos o prezo de 5 € por alumno e obra
Programa
Lugo
Auditorio Gustavo FreireDía 29 de febreiro, luns
12:00 Medea de Eurípides, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)
17:00 Gemelos de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
Día 2 de marzo, mércores
12:00 Gemelos de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
A Coruña
Teatro ColónDía 1 de marzo, martes
12:00 Electra de Sófocles, Grupo Párodos (Talarrubias, Badajoz, premio nacional de teatro clásico do Ministerio de Educación)
17:00 Asinaria de Plauto, Grupo Párodos (Talarrubias, Badajoz)
Ourense
Día 11 de abril, luns
12:00 Edipo Rey de Sófocles, SV Producciones (Madrid)
17:00 Cásina de Plauto, SV Producciones (Madrid)
Día 13 de abril, mércores
12:00 Euménides de Esquilo, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
17:00 Gemelos de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)
Reservas
Pinchando na ligazón embaixo, podedes acceder ao noso formulario de inscrición.
Prazo:
Socios da SEEC: desde o 16 de novembro de 2015 ó 15 de xaneiro de 2016
Non Socios: desde o 23 de novembro de 2015 ó 15 de xaneiro de 2016
Ingresos
5 € por alumno e representación. Conta: ES08 2080 0343 0230 4000 5068 de Abanca, Vista Alegre 106, Santiago.
Folla de Pagamento
Nos 15 días hábiles posteriores á data de inscrición deberá enviarse a folla de pagamento e máis o xustificante de ingreso por correo electrónico ou por correo postal a: Mª Teresa Amado, Facultade de Filoloxía, Avda de Castelao s/n, 15782 Santiago.
Sen este requisito non se considerará firme a reserva.
Envío de obras e entradas
A partir do 25 de xaneiro de 2016
Contacto
Mª Teresa Amado: tfn. 981 56 31 00, ext. 11888 (de luns a xoves de 12:00 a 13:00)
Correo electrónico: )
Unha suxestión:
Como hai centros que non teñen alumnos dabondo para encher un autobús, suxerimos que, antes de facer a reserva, vos poñades en contacto con centros próximos para coincidir na data e así compartir gastos de transporte.
Animámosvos unha vez máis a traer os vosos alumnos, pois sen eles e sen vós o festival non ten nin sentido nin futuro. Estamos seguros de que o acolleredes co entusiasmo de sempre.
Un saúdo cordial
SEEC Galicia