Son finalmente 45 equipos, con representación das 4 provincias galegas, os que acadaron a máxima puntuación (75 puntos), e que hoxe xoves 7 de febreiro disputarán un máis que emocionante desempate.
Recordade que nesta fase do concurso o tempo invertido na contestación das preguntas si pode ser relevante en caso dun novo empate a puntos. E tamén atendede ao seguinte:
- contestade cunha soa palabra
- se se pide a resposta en latín usade o nominativo singular
- coidade a correcta ortografía nas vosas respostas
E por último e moi importante, que ninguén esqueza que estas preguntas deberán ser respostadas polos propios alumnos, sen ningunha axuda dos seus profesores. Confiamos na boa vontade de todos. Na vosa man está conseguir un concurso xusto para todos os participantes.
Sorte a tod@s!