SEECGalicia

ODISEA 2009: FINAL ESTATAL

Unha vez elevada a Definitiva a Calificación provisional dos grupos que realizaron a proba do desempate, entramos agora na fase final Estatal, onde o equipo campeón de Galicia vaise enfrontar ao campeón da comunidade Valenciana.

Será o vindeiro mércores 18 de febreiro, de 16:30 a 19:30 horas, cando terán que competir outra vez fronte a un novo "Preguntón".

Dende o IES Francesc Tàrrega de VILA-REAL teremos ao Grupo: SIGMAS CONFLICTIVAS, composto por Joel Gijón, Cristòfol Tripiana e Saúl Soler, baixo a direción da profesora Mª Teresa Beltrán Chabrera.

E dende o IES de AMES, estarán LOS SAPIENTÍSIMOS, con Valeria Dios, Noa Martínez e Roque Sampedro, baixo a batuta da profesora Margarita Olivar Roldán.

Sorte e que gañe o mellor!