SEECGalicia

Odisea 2019: comeza a inscrición

Hoxe luns, 3 de decembro de 2018, comeza a inscrición para a edición 2019 de Odisea, que se prolongará ata o xoves 31 de xaneiro.

O Concurso comezará o luns 4 de febreiro e rematará o mércores 20 de febreiro de 2019, día no que se celebrará a final estatal. Pódese ver toda a información na páxina web do concurso.

Nesta edición participarán as seccións da SEEC de Asturias (en colaboración coa Asociación asturiana de profesores de Latín e Griego “Céfiro”), Cádiz, Córdoba, Granada, Málaga e Sevilla, Aragón, Canarias, Galicia, Extremadura, Madrid, Valencia-Castellón, Alacant, Valladolid, e a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya (APLEC).

O tema que fará de fío condutor será “Ciencia e tecnoloxía en Grecia e Roma“.