Prezados colegas e amigos, anunciamos a apertura do prazo de inscrición para a II Olimpíada de Tradución de textos clásicos desde o 15 de febreiro ao 18 de marzo de 2016.
Acompañamos o anuncio coas bases do concurso.
BASES
Destinatarios
Alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de Galicia.
Proba
Os alumnos poderán concorrer libremente a unha ou a ámbalas dúas probas.
Cada proba consistirá na tradución do texto proposto, acompañada de análise morfolóxica e sintáctica dunha selección de dito texto que se sinalará oportunamente.
Os textos das probas serán dos autores seleccionados para as PAU:
en lingua grega, da obra de Platón e Xenofonte reducirase adicionalmente para esta proba o corpus ao primeiro libro de Anábase e primeiro libro de Helénicas e ás obras platónicas Critón e Apoloxía de Sócrates.
en lingua latina poñeranse textos de Eutropio e Fedro.
Data e hora
xoves 7 de abril de 2016
16:00-17:30: proba de Lingua Grega
17:30-18:00: descanso
18:00-19:30: proba de Lingua Latina
Lugar
Facultade de Filoloxía, aula C11
Xurado
O xurado encargado de avaliar as probas estará integrado por un profesor de Universidade e dous profesores de Instituto. Nomearase un xurado específico para cada proba. O fallo será inapelable.
Premios
Outorgaranse 3 premios para cada modalidade.
1º premio: 250€
2º premio: 150€
3º premio: 100€
Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo.
A entrega de premios será o martes día 3 de maio de 2016 en Santiago de Compostela
Inscrición
Enviarase o boletín adxunto ao enderezo institucional de correo electrónico do Departamento de Latín e Grego (), indicando en asunto “Olimpíada”.
Prazo de inscrición
do 15 de febreiro ao 18 de marzo de 2016.