Estimados socios e socias:
Pola presente comunícovos que a Comisión electoral proclama hoxe a candidatura ás eleccións da Xunta Directiva de SEECGalicia presentada polo prof. CARRACEDO FRAGA, José.
Tal como é preceptivo, a candidatura está exposta publicamente tanto na Facultade de Filoloxía como na nosa páxina web.
Pode ser consultada no taboleiro de anuncios situado a carón do despacho 323 da Facultade de Filoloxía da USC (Avda. Castelao, s/n. Campus norte, 15782 Santiago de Compostela).
Un saúdo afectuoso.
Cecilia Criado
Presidenta de SEECGalicia