SEECGalicia

Programa de actividades: curso 2020-2021

Este é o programa dalgunhas actividades que se pretende desenvolver no actual curso, se as circunstancias extraordinarias así o permiten. A información máis detallada sobre cada unha das actividades será publicada no seu momento nesta páxina web de SEEC-Galicia: https://seecgalicia.org

1) XVI EDICIÓN DO CONCURSO ODISEA
A primeira fase do concurso celebrarase probablemente a comezos do mes de febreiro de 2021. No seu momento informarase dos detalles concretos do concurso.

2) CERTAMEN CICERONIANUM 2021
O prazo de inscrición estará aberto ata o 8 de marzo de 2021 e a proba terá lugar o 12 de marzo de 2021. Na páxina web da SEEC pódense ver as bases do concurso, os textos obxecto da proba e a folla de inscrición: http://www.estudiosclasicos.org/ayudas-concursos-y-premios/certamen-ciceronianum-2021/

3) PROBA DE GREGO PARNASO 2021
O prazo de inscrición estará aberto ata o 5 de abril de 2021 e a proba terá lugar o 16 de abril de 2021. Na páxina web da SEEC pódense ver as bases do concurso, os textos obxecto da proba e a folla de inscrición: http://www.estudiosclasicos.org/ayudas-concursos-y-premios/parnaso-2021/

4) VI OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS
A probas realizaríanse a finais de maio de 2021 e a festa de entrega solemne de premios tería lugar despois das probas de ABAU do mes de xuño de 2021.

5) CURSO(S) DE FORMACIÓN
Estase celebrando o curso de formación de profesorado “Aulas virtuais para Clásicas 2020. Manual de supervivencia” entre o 8 de outubro e o 3 de decembro de 2020.
Verase a posibilidade e a oportunidade de celebración dalgún outro curso.

6) FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO
Para dar continuidade dalgunha maneira factible ao xa tradicional “Festival de Teatro Grecolatino”, este curso proponse para os meses de marzo-abril a actividade “Teatro na aula”. Retransmitirase a gravación dunha comedia romana e dunha traxedia grega, e arredor das dúas obras organizarase un concurso, que terá varias modalidades: creación literaria, cómic, radio e vídeo.

7) VIAXE CULTURAL
Descartada a posibilidade da habitual viaxe a Grecia ou a Italia, estudiarase a posibilidade dunha viaxe por España (e Portugal).