SEECGalicia

Programa de actividades. Curso 2022-2023

Este é o programa inicial de actividades previsto para o curso 2022-2023. A información máis concreta e detallada sobre cada unha das actividades será publicada no seu momento na páxina web de SEEC-Galicia: https://seecgalicia.org

1. VI LUDI COMPOSTELLANI
Celebraranse probablemente na primeira quincena do mes de abril de 2023.

2. XVIII EDICIÓN DO CONCURSO ODISEA
As distintas fases do concurso terán lugar entre o 30 de xaneiro e o 18 de febreiro de 2023.

3. CERTAMEN CICERONIANUM 2023
A proba terá lugar a comezos do mes de marzo de 2023. Na páxina web da SEEC (http://www.estudiosclasicos.org) publicaranse en breve as bases do concurso, os textos obxecto da proba e a folla de inscrición.
4. PROBA DE GREGO PARNASO 2023

A proba terá lugar a finais do mes de marzo de 2023. Tamén serán publicados en breve na páxina web da SEEC todos os datos do concurso.

5. VIII OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS
A probas realizaranse a finais de maio de 2023 e a festa de entrega de premios terá lugar despois das probas de ABAU do mes de xuño.

6. XXII FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO DE GALICIA
O programa previsto é o seguinte
A Coruña (Teatro Colón)
Martes 28 de febreiro de 2023
12:00 Medea de Eurípides. Grupo Noite Bohemia de A Coruña
17:00 Miles gloriosus de Plauto. Grupo Noite Bohemia de A Coruña
Ourense (Auditorio municipal)
Mércores 1 de marzo
12:00 Agamenón de Esquilo (en galego). Grupo El Ruiseñor de Culleredo
17:00 Persa de Plauto. Grupo El Ruiseñor de Culleredo
Tui (Teatro municipal)
Xoves 2 de marzo
12:00 Medea de Eurípides. Grupo Noite Bohemia de A Coruña
17:00 Miles gloriosus de Plauto. Grupo Noite Bohemia de A Coruña
Lugo (Auditorio Gustavo Freire)
Luns 6 de marzo
12:00 Troianas de Eurípides. Grupo Ave Fénix de A Coruña
17:00 Cásina de Plauto. Grupo Corzos Reunidos de A Coruña
Martes 7 de marzo
12:00 Agamenón de Esquilo (en galego). Grupo El Ruiseñor de Culleredo
17:00 Persa de Plauto. Grupo El Ruiseñor de Culleredo

7. VIAXE CULTURAL
Está prevista a realización dunha viaxe a Grecia na semana de Entroido de 2023 (18-25 de febreiro). Como vén sendo habitual, esta viaxe está pensada prioritariamente para profesores e os seus alumnos de secundaria e de bacharelato de materias de Clásicas.

8. SEMINARIO FORMATIVO
Este curso vaise organizar un seminario de prácticas de lingua activa de latín. En breve enviarase e publicarase información detallada ao respecto.

9. OUTRAS ACTIVIDADES
Continuarase con todas as actividades que xa se veñen desenvolvendo e outras que se poidan acometer encamiñadas á promoción e defensa dos estudos clásicos nos nosos ámbitos, sinaladamente relacionadas con: implantación de LOMLOE, creación de grupos de materias de Clásicas, ponderación de Grego e Latín nas PAU, situación das materias de Clásicas nos distintos centros de Galicia, etc. Moitas desas actividades continuarán sendo desenvolvidas a través da exitosa campaña “SOS Clásicas” impulsada por SEEC-Galicia e para todas elas solicitamos a participación de todos os socios e socias.