SEECGalicia

V OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS 2019

1. Destinatarios
Alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de centros de Galicia.

2. Proba
Os alumnos poderán concorrer libremente a unha ou a ámbalas dúas probas.
Cada proba consistirá na tradución do texto proposto, acompañada de análise morfolóxica e sintáctica dunha selección do dito texto que se sinalará oportunamente.
Os textos das probas serán dos autores utilizados na ABAU:
— Lingua Grega: Critón e Apoloxía de Sócrates de Platón e primeiro libro de Anábase e primeiro libro de Helénicas de Xenofonte.
— Lingua Latina: Eutropio e Fedro.

3. Data, lugar e hora
Xoves 4 de abril de 2019
Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, aula C-11
16:00-17:30: proba de Lingua Grega
17:30-18:00: descanso
18:00-19:30: proba de Lingua Latina

4. Xurado
O xurado encargado de avaliar as probas estará integrado por un profesor de Universidade e dous profesores de Instituto. Nomearase un xurado específico para cada proba. O fallo será inapelable.

5. Premios
Outorgaranse 3 premios en metálico para cada modalidade:
1º premio: 300€
2º premio: 200€
3º premio: 100€
Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo da participación.
A festa de entrega solemne de premios e diplomas terá lugar previsiblemente o mércores 15 de maio de 2019 na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.

6. Inscrición
Enviarase o boletín de inscrición (pode descargarse aquí) ao enderezo institucional de correo electrónico do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC (departamento.cfisec@usc.es), indicando en asunto “Olimpíada”.
Prazo de inscrición: do 18 de febreiro ao 22 de marzo de 2019.