Datas: do 9 ao 16 de febreiro
Itinerario clásico: Atenas, Epidauro, Micenas, Tirinto, Olimpia e Delfos
Directores: Fernando Domènech e Miguel Anxo Meixueiro
50 prazas máximo – mínimo 40
PROGRAMA
SÁBADO 9:
Saída desde o aeroporto de A Coruña; enlace en Madrid para continuar a Atenas. Chégase con tempo suficiente para aloxarse no hotel e facer unha a visita turística guiada polas zonas máis emblemáticas de Atenas: Plaka, Monasteraki, Psiri, Ágora romana, Syntagma…
DOMINGO 10:
Mañá: visita ao Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas
Tarde: excursión ao monte Lycabitos.
LUNS 11:
Mañá: visita á Acrópole, museo da Acrópole, Areópago, Ágora grega….
Vista libre ao Museo Benaki (Etnográfico de Grecia)
MARTES 12:
Saída cara ao Peloponeso:
Mañá: Micenas e Nemea.
Tarde: Nauplio
MÉRCORES 13:
Mañá:
Epidauro e Tirinto.
Tarde: viaxe cara a Olimpia.
XOVES 14:
Mañá: Olimpia.
Tarde: viaxe cara a Delfos.
VENRES 15:
Mañá: Delfos
Tarde: viaxe cara a Atenas
SÁBADO 16:
Mañá: libre para compras
Tarde: regreso á Coruña vía Madrid.
PREZO:
715,00€ (en habitacións dobres e triplas). Trátase de case o mesmo prezo total de hai dous anos, coa importante diferencia de que o réxime do hotel Stanley non será de aloxamento e almorzo (2011) senón de aloxamento e media pensión, polo que, aínda que somos de letras, é evidente que a viaxe e máis económica en termos absolutos.
Este prezo inclúe:
- Viaxe en avión (Iberia) e traslado a hotel en Atenas.
- Autocar e guía en español polo Peloponeso
- Entradas gratis a todos os recintos estatais aos menores de 18 anos ou con carné International Student (profesores con carné International Teacher)
- Aloxamento en media pensión en Atenas (H. Stanley ****)
- Aloxamento con media pensión (cea) polo Peloponeso
- Guía oficial en español durante toda a viaxe. Para os que xa fixeron en ocasións anteriores, podemos confirmar que se trata unha vez máis de Eleutherios.
Non inclúe as entradas a Benaki (museo privado) nin o funicular a Lycabitos
Nota: comer en Grecia é bastante máis barato que en España; en Atenas hai numerosos sitios (pizzerías, hamburgueserías, kebábs) baratos onde cubrir as comidas que non estean incluidas na media pensión.
FORMAS DE PAGO:
O resto (615€) uns oito/dez días antes da excursión a unha conta bancaria que dea a axencia de viaxes
Advertencias:
– Para a inscrición darase prioridade absoluta aos profesores que sexan membros de SEECGALICIA cos seus respectivos grupos.
– A gratuidade da axencia de viaxes será para os coordinadores da SEEC
Prioridade:
- Profesores socios de SEECGalicia
- Rigoroso orde de presentación de solicitude
Prazo de preinscrición: 15 de novembro – 30 novembro
Modo: formulario operativo na nosa web a partir do 15 de novembro.
Tatiana Grela Tubio
¿Cuándo saldrá la cuenta bancaria en la que se han de ingresar los 100 euros en concepto de Reserva de Plaza?
seecgalicia
Tatiana,
xa recibiches onte instrucións precisas no teu correo electrónico. Por favor comproba a carpeta de correo non desexado e manda un correo de resposta para confirmar que o recibiches.
SEECGalicia | Avance da Viaxe a Grecia 2015
[…] 2. O proceso de organización é semellante en todas as viaxes, polo que podedes consultar a última viaxe a Grecia para obter unha idea global de como funciona. Viaxe a Grecia 2013 […]