Hoxe ás 12 horas, coa representación de As Troianas de Eurípides, pola Compañía de Teatro e Danza El Ruiseñor (A Coruña) deu comezo unha nova edición do Festival de teatro grecolatino de Lugo. Preto de 4.400 alumnos de 89 centros educativos de Galicia y provincias limítrofes daranse cita o luns, martes e mércores desta semana no auditorio Gustavo Freire de Lugo, para asistir ás representacións teatrais programadas nesta nova edición do festival que organiza SEECGalicia. Dende aquí o noso agradecemento a todos os participantes, profesores e alumnos, e ao Concello de Lugo polo seu apoio.
Tesmoforiantes polo Grupo El Ruiseñor