Actividades
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE SEEC-GALICIA PARA O CURSO 2026-2027
- X LUDI COMPOSTELLANI Celebraranse en principio o xoves 14 de xaneiro de 2027. O prazo de inscrición será a principios de decembro de 2026.
- XXII EDICIÓN DO CONCURSO ODISEA A fase local do concurso terá lugar os días 18-21 de xaneiro de 2027, o desempate o 27 de xaneiro, e a fase final o 3 de febreiro.
- CERTAMEN CICERONIANUM 2027 A proba celebrarase o 5 de febreiro de 2027. Na páxina web da SEEC (http://www.estudiosclasicos.org) estarán publicados as bases do concurso, os textos obxecto da proba e a folla de inscrición.
- PROBA DE GREGO PARNASO 2027 A proba terá lugar o 9 de abril de 2027. Tamén estarán publicados na páxina web da SEEC todos os datos do concurso.
- XII OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS A probas realizaranse na penúltima semana do mes de maio de 2027 e a festa de entrega de premios da Olimpíada e do concurso Odisea terá lugar despois das PAU do mes de xuño.
- XXVI FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO DE GALICIA O prazo de inscrición será do 15 de novembro de 2026 ao 22 de xaneiro de 2027 para socios da SEEC e desde o 22 de novembro de 2026 ao 22 de xaneiro de 2027 para os non socios. O programa xeral é o seguinte: A Coruña (Teatro Colón) 17 de febreiro 2027, mércores 12:00 Helena de Eurípides, grupo Noite Bohemia (A Coruña) 17:00 Xemelgos de Plauto, grupo Noite Bohemia (A Coruña) Tui (Teatro Municipal) 24 de febreiro de 2027, mércores 12:00 Edipo Rei de Sófocles, grupo Corzos Reunidos, Casa de Castilla-La Mancha (A Coruña) 17:00 Miles gloriosus de Plauto, grupo Corzos Reunidos, Casa de Castilla-La Mancha (A Coruña) Lugo (Auditorio Gustavo Freire) 1 de marzo de 2027, luns 12:00 Antígona de Sófocles, grupo El Ruiseñor (Culleredo, A Coruña) 17:00 Xemelgos de Plauto, grupo El Ruiseñor (Culleredo, A Coruña) 2 de marzo de 2027, martes 12:00 Troianas de Eurípides, grupo Noite Bohemia (A Coruña) 17:00 Anfitrión de Plauto, grupo Noite Bohemia (A Coruña)
- VIAXE CULTURAL Nesta edición a viaxe cultural terá como destino Grecia e realizarase na semana de Entroido de 2027 (6-13 de febreiro). Como vén sendo habitual, esta viaxe está pensada prioritariamente para profesores e os seus alumnos de secundaria e de bacharelato de materias de Clásicas e para estudantes de Filoloxía Cásica.
- ACTIVIDADES FORMATIVAS Serán organizados seminarios formativos sobre ensino de grego antigo e de latín con métodos activos. Entre eles continuará o Circulus Latinus Gallaecus, que terá a súa primeira sesión o venres 16 de novembro de 2026.
- OUTRAS ACTIVIDADES SEEC-Galicia colaborará coa Asociación de Estudantes de Linguas e Literaturas (ARELL) no Congreso que vai organizar na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela os días 24-28 de novembro de 2026.






