BASES
1. Destinatarios
Alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de centros de Galicia.
2. Proba
Os alumnos poderán concorrer libremente a unha ou a ámbalas dúas probas.
Cada proba consistirá na tradución do texto proposto, acompañada de análise morfolóxica e sintáctica dunha selección de dito texto que se sinalará oportunamente.
Os textos das probas serán dos autores utilizados nas PAU de anos anteriores:
— en Lingua Grega, da obra de Platón e Xenofonte reducirase adicionalmente para esta proba o corpus ao primeiro libro de Anábase e primeiro libro de Helénicas e ás obras platónicas Critón e Apoloxía de Sócrates.
— en Lingua Latina poñeranse textos de Eutropio e Fedro.
3. Data e hora
Xoves 6 de abril de 2017
16:00-17:30: proba de Lingua Grega
17:30-18:00: descanso
18:00-19:30: proba de Lingua Latina
4. Lugar
Facultade de Filoloxía, aula C11
5. Xurado
O xurado encargado de avaliar as probas estará integrado por un profesor de Universidade e dous profesores de Instituto. Nomearase un xurado específico para cada proba. O fallo será inapelable.
6. Premios
Outorgaranse 3 premios para cada modalidade:
1º premio: 250€
2º premio: 150€
3º premio: 100€
Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo.
A entrega de premios será previsiblemente o xoves día 4 de maio de 2017 en Santiago de Compostela. Ese mesmo día terá lugar a segunda edición dos Ludi Compostellani con varios obradoiros didácticos e outras actividades, segundo oportunamente se anunciará.
7. Inscrición
Enviarase o boletín de inscrición ao enderezo institucional de correo electrónico da sección de Filoloxía Clásica da USC (), indicando en asunto “Olimpíada”.
Prazo de inscrición: do 15 de febreiro ao 15 de marzo de 2017.
BOLETÍN DE INSCRICIÓN
1. DATOS DO/DA ALUMNO/A PARTICIPANTE
NOME E APELIDOS:
CURSO:
2. DATOS DO CENTRO EDUCATIVO
NOME DO CENTRO:
ENDEREZO DO CENTRO (completo):
3. DATOS DO/DA PROFESOR/A RESPONSABLE
NOME E APELIDOS:
CORREO ELECTRÓNICO:
4. PARTICIPA EN (riscar cun X o que proceda)
☐ PROBA DE LINGUA GREGA
☐ PROBA DE LINGUA LATINA