SEECGalicia

Viaxe a Italia 2010 – Programa

VIAXE CULTURAL SEECGALICIA ITALIA 2010

Nos próximos días sairá a convocatoria defintiva. Isto é só un borrador.

DATAS:

13-20 de Febreiro de 2010.

PROGRAMA:

Sábado 13

Mañá: Galicia-Roma-Hotel
Tarde: visita guiada (en autocar) por Roma (opcional)
Tarde-noite: libre para visitar ad libitum Fontana dei Trevi, Piazza Spagna, etc.

Domingo 14

Mañá: Museos Vaticanos (5-6 horas) (opcional subir á Cúpula do Vaticano)
Tarde: libre

Luns 15

Pompeya-Nápoles (todo o día)

Martes 16

Mañá: Visita Embaixada Española ante a Santa Sé (opcional)
Tarde: Vista guiada por Roma (Colonna Antonina, Pantheon, S. Luigi dei Francesi, Sta. Maria Sopraminerva, Piazza Navona, Campo dei Fiori, barrio xudeu, Portico D’Ottavia e S. Nicola in Carcere (Foro Boario- Olitorio) (5 horas)

Mércores 17

Florencia todo o día

Xoves 18

Mañá: Vila Borguese
Tarde: libre

Venres 19

Mañá : Colosseo-Palatino-Foros (5 horas)
Tarde: libre

Sábado 20

Mañá: Visita Santa María a Maggiore e San Pietro in Víncoli (opcional).
Tarde: Regreso.

NOTA:
Durante as mañás ou tardes “libres”, hai infinidade de sitios onde cada profesor en particular pode ir cos seus alumnos; por exemplo: unha tarde-noite ao Trastevere ou visitar outros lugares (Catacumbas, S. Pablo Extramuros, Ponte Sublicio) ou, simplemente, pasear por Roma e facer compras.

IMPORTANTE:
O calendario semanal pode verse afectado por varias causas: climatoloxía, dispoñibilidade de guías, recepción Embaixada. Aínda que intentaremos ver os mesmos lugares planeados, quizais haxa cambios de días ou horas; por exemplo: a Vila Borguese pola tarde no canto de pola mañá, os Museos Vaticanos o luns en vez do domingo.
Para a semana temos contratada á axencia enroma.com, empresa dirixida por un coruñés e será esta axencia a que perfile sobre a marcha o calendario semanal.
Salvo climatoloxía moi adversa, respectaranse as viaxes a Pompeya e Florencia.

PREZO

Estará ao redor dos 630€ para habitacións triplas e 690€ para habitacións dobres. Inclúe: Avión Galicia-Roma ida e volta, Hotel (probablemente Hotel Cambridge) en réxime de aloxamento-almorzo; autocares, entradas, guías, da semana en Italia. Non van incluídos os billetes de metro-bus por Roma, as comidas e ceas, nin os auriculares dos museos.
* Son prezos orientativos. O prezo final dependerá do número de alumnos e as tarifas das compañías aéreas no momento de realizar a reserva.

INSCRIPCIÓN

Os profesores responsables deberán inscribirse e inscribir aos seus alumnos cubrindo o formulario que aparecerá na web de SeecGalicia dende o 2 ata o 27 de novembro de 2009.
Terán prioridade os grupos dos profesores pertencentes á Sección galega da SEEC. Atenderanse as solicitudes por rigorosa orde de presentación.
Unha vez finalizada a inscrición SEECGalicia fará pública a lista de profesores e alumnos admitidos e será comunicada por correo-e aos interesados.

FORMA DE PAGO:

Os profesores admitidos deberán proceder da seguinte maneira:

PRIMEIRO PRAZO.-O profesor deberá ingresar a cantidade de 100€ por persoa na conta de SEECGalicia, indicando no concepto da transferencia VIAXE ITALIA 2010, antes do 18 de decembro de 2009. A continuación remitirá por correo-e á secretaría da SEEC en arquivo adxunto o xustificante de dita transferencia, indicando no mesmo o nome do centro, do profesor e dos alumnos ao seu cargo. Este diñeiro cobrarase como “garantía” de aceptación da viaxe; unha vez que se faga a transferencia NON SE DEVOLVERÁ aínda que non se viaxe. A explicación en ben sinxela: os guías e os autocares custan o mesmo vaian 25 que 40 persoas e o orzamento facémolo, en principio, para 40. Se á hora de viaxar algunha reserva non se cobre por causa xustificada (enfermidade), poderase recuperar o resto do billete.

SEGUNDO PRAZO 530€/590€ ; hai que ingresalos na conta que nos dea a axencia de viaxes; esta cantidade hai que ingresala uns 10-15 días antes de viaxar.

RECORDADE: que, unha vez salga a convocatoria, darase prioridade aos profesores socios da SEEC.

NOTA FINAL:
A gratuidade que ofrecen as axencias, será para o membro da Directiva da SEEC que coordine a expedición.

Entre o 2 de novembro e o 27 de novembro estará operativo na WEB de SEECGalicia o formulario de inscrición.