SEECGalicia

CLASIFICACIÓN DEFINITIVA DE ODISEA 2025 EN GALICIA

Tras un rifado desempate na fase local entre os dous equipos que se disputaban o primeiro e segundo postos, por fin xa temos a clasificación definitiva, decidida polos puntos obtidos, como se especificaba nas bases:

—————————————————————————————–
A CLASIFICACIÓN DEFINITIVA do concurso en Galicia queda como segue:

1º premio, equipo AEGIS, do IES RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA de LALÍN
2º premio, equipo LOS LIBRES, do IES DE AMES de BERTAMIRÁNS
3º premio, equipo LIVE LAUGH MORTADELA, do IES PLURILINGÜE FONTEXERÍA de MUROS
—————————————————————————————–
A nosa noraboa para os profesores e alumnos premiados, que se fai extensiva a todos os participantes.

E moitos ánimos para AEGIS, que representarán a Galicia na FINAL ESTATAL do vindeiro mércores 19 de febreiro.

Pódese consultar o resto da clasificación dende esta ligazón.