Mañá xoves 1 de decembro comeza a inscrición para a edición 2017 de Odisea, que se prolongará ata o domingo 5 de febreiro.
O Concurso comezará o luns 6 de febreiro e rematará o mércores 22 de febreiro de 2017, día no que se celebrará a final estatal. (Bases e calendario completo)
Nesta edición participarán as seccións da SEEC de Cádiz, Córdoba, Granada, Málaga e Sevilla, Aragón, Canarias, Galicia, Extremadura, Madrid (que participa por primeira vez), Valencia-Castellón e de Alacant, Valladolid, e a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya (APLEC).
O tema que fará de fío condutor será “A Política en Grecia e Roma“.
Para promocionar o concurso entre alumnos e profesores elaboramos esta infografía con toda a información desta edición 2017.
O concurso poderá ser seguido en Twitter dende o Hashtag #OdiseaXVII.
Asimesmo contamos cunha galería de imaxes en Pinterest que se irá completando coas imaxes subidas por todas as sedes.