SEECGalicia

Enrique Salvado Vigo, representante de SEEC-Galicia, mención especial no “XXXVIII Certamen Ciceronianum” celebrado en Arpino

Enrique Salvado Vigo, alumno do IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela e representante de SEEC-Galicia como ganador da fase galega e da fase estatal do concurso organizado pola SEEC, obtivo mencion especial na fase internacional do “XXXVIII Certamen Ciceronianum”, celebrado en Arpino (Italia) os días 10-13 de maio de 2018 e no que participaron 164 estudantes de toda Europa. Soamente 4 estudantes españois conseguiran antes ese mesmo resultado nas 38 edicións do Certamen.
Parabéns a Enrique a ao seu profesor Xosé Antonio Dobarro.
Nas fotos poden verse todos os participantes e a entrega do premio a Enrique.