Este mércores, 15 de maio, tivo lugar na Facultade de Filoloxía de Santiago o acto solemne de entrega de premios aos ganadores da “V Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos” e de diplomas a todos os participantes.
Os premiados nesta edición foron (parabéns para todos eles e os seus profesores!)
I.- LINGUA GREGA:
1º) Esteban DECABO NOGUEIRA (IES 1 Carballiño)
2ª) Cristina GUILERA IGLESIAS (IES Otero Pedrayo Ourense)
3ª) Silvia ALTONAGA IGLESIAS (IES Fene)
II.- LINGUA LATINA:
1ª) Cristina GUILERA IGLESIAS (IES Otero Pedrayo Ourense)
2º) Esteban DECABO NOGUEIRA (IES 1 Carballiño)
3º) Gonzalo FERNÁNDEZ ÁLVAREZ DE LINERA (IES Dionisio Gamallo Ribadeo)
No acto interviron:
– Da. María José López Couso, Decana da Facultade de Filoloxía da USC
– Da. Mercedes Díaz de Cerio Díez, Secretaria do Departamento de Filoloxía Clásica Francesa e Italiana da USC
– D. José Carracedo Fraga, Presidente de SEEC-Galicia
– D. Adrián Boullosa Fraga, ganador en lingua latina na primeira Olimpíada e alumno do Grao en Filoloxía Clásica da USC
– D. Esteban Decabo Nogueira, en representación dos premiados
No acto fíxose tamén unha pequena homenaxe aos premiados en anteriores edicións da Olimpíada que están cursando o Grao en Filoloxía Clásica na Facultade de Filoloxía da USC (Miguel Álvarez Amoedo, Adrián Boullosa Fraga, María Gabía Rascado, Alejandro Morón Bandín e Enrique Salvado Vigo) ou outros Graos da mesma Facultade (Raquel Castro Rodríguez, Mariña Ferreiro Vilariño, Marina Martínez Sande, Teresa Suárez Torres, Sofía Vega Santalla e Sarah Vidal Horta).
Como colofón ao acto asistiuse á representación teatral da comedia “As Asambleístas” de Aristófanes a cargo do grupo “Sin ir más lejos” da Casa de Castilla La Mancha de A Coruña baixo a dirección de Ricardo Martín.