Con grande éxito de público, entre o que figuraban coñecidas figuras da escena coruñesa e o alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, o mércores 7 de marzo estreouse no centro cultural Ágora a “Andrómaca” de Eurípides a cargo do Grupo de Teatro Epidauro, dirixido polo noso querido compañeiro e amigo Ricardo Martín. Nesta ocasión presenta un grupo de recente creación para o que conseguiu xuntar actores e actrices de moi distintas idades. Entre o cadro actoral hai algúns dos que xa fixeron no Teatro Colón ese “Tenorio” veterano que tanto éxito acadou. Pero a estes veteranos actores únense antigos membros do Grupo Sardiña, de Noite Bohemia e do grupo de teatro da Casa de Castela A Mancha, para formar un grupo dunha vintena de actores, aos que desexamos desde aquí os mellores augurios para esta nova andaina.
Noticia en La Voz de Galicia e en El Ideal Gallego.
Silvia Larrosa
Encantada de participar en este proyecto.