SEECGalicia

Festival de Teatro Grecolatino Lugo-Ourense 2015

Xa estamos cos preparativos do XV Festival de Teatro Grecolatino, que este ano ademais de Lugo, terá tamén sede en Ourense, para facilitar a asistencia a aqueles centros máis arredados.

O programa será seguinte:

LUGO

AUDITORIO GUSTAVO FREIRE

Día 2 de marzo, luns

12:00 Edipo Rey de Sófocles, SV Producciones (Madrid)

17:00 Cestita de Plauto, SV Producciones (Madrid)

Día 3 de marzo, martes

12:00 Antígona de Sófocles, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)

17:00 Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

OURENSE

AUDITORIO MUNICIPAL

Día 9 de marzo, luns

12:00 Las Bacantes de Eurípides, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

17:00 Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

En poucos días enviaremos información cumprida por correo electrónico a socios e centros, así como o programa impreso de todos os festivais de Prósopon.