O vindeiro mércores 24 de febreiro celebrarase a tan esperada final da ODISEA 2010, que disputarán os equipos de LAS SUPLICANTES, do IES MISTERI D’ ELX (ALACANT), vencedor na Comunidade Valenciana, e LAS ESCLAVAS DE DAVO, do COLEXIO SAN JOSÉ DE LUGO, equipo vencedor en Galicia, que concursará dende o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
Dende SEECGalicia desexamos toda a sorte para os dous finalistas.