Dado o elevado interese que están a suscitar os métodos orais para o estudo do Latín en España e resto do mundo, SEEC Galicia, ben como outras seccións da SEEC, propón un curso de innovación docente en Latín, que irá principalmente destinado a profesores, mais tamén a alumnos con coñecementos previos da lingua Latina. Durante as catro sesións do curso hanse tratar distintos procedementos para impartir clase de Latín en Latín e hanse exercitar as competencias activas e pasivas dos participantes.
Título:
Latine doceamvs, latine discamvs. curso de latín activo – nivel inicial
Profesores:
María Luisa Aguilar
Licenciada en Filoloxía Clásica pola Universitat de València, profesora de Latín no IES El Puig (València), onde dá as súas aulas integramente con métodos activos. Impartiu conferencias en Latín en España e no estranxeiro; e ten impartido varios cursos de Latín activo, como as dúas edicións do curso promovido por SEEC Valencia, e no CAELVM, que se vén celebrando desde hai dous anos en Madrid no mes de Agosto. É membro do Circulus Latinus Valentinus.
Jorge Tárrega Garrido
Doutor en Filoloxía Clásica pola Universitat de València. É Profesor de Latín e Grego no IES El Grao de València e Profesor Asociado na Universitat de València, na que leva impartindo, alén doutras materias, desde hai 5 anos o Mestrado de Secundaria- Especialidade Latín. No eido da Didáctica deu conferencias sobre o ensino do Latín en Logroño, Antequera, Castelló, Mérida, Barcelona, Roma, Amsterdam e Leiden (Holanda), e mais en Oslo (Noruega). Tamén ten colaborado como profesor en Madrid no CAELVM (Cursus Aestivus Latinitatis Vivae Matritensis) no que participaron 80 alumnos en 2013 e 80 en 2014, a maioría profesores de instituto. É cofundador do Circulus Latinus Valentinus, que se reúne mensualmente desde 2010.
Programa:
1. Exposición da situación das clásicas no Ensino Secundario en España
2. Reflexión sobre os mellores métodos para o alumnado adquirir o coñecemento con maior eficacia
3. Tratamento dun texto en Latín: enfoque e análise
4. Exercicios: revisión dos coñecementos transmitidos
5. Explicación da gramática en Latín
6. Como avaliar os coñecementos adquiridos en Latín
Datas e horario:
8 e 9 de Maio de 2015:
Venres: 17.00 h-21.00
Sábado: 10.00 h-14.00
22 e 23 de Maio de 2015:
Venres: 17.00 h-21.00
Sábado: 10.00 h-14.00
Lugar:
Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela:
Venres 8 e 22 de Maio: aula D 09
Sábados 9 e 23 de Maio: aula C07
Número máximo de alumnos:
30 prazas. Os socios terán preferencia fronte aos non socios. A admisión será por rigorosa orde de inscrición. Podedes inscribirvos no seguinte formulario
Prezo:
socios ordinarios: 40€
socios alumnos: 10€
Ana Bolibar
Noraboa SEEC por esta iniciativa!
Cecilia Criado (directora del curso de Formación Permanente 2013-14)
Hola Ana:
es buena idea, verdad?
A ver si todo sale bien!!
Ana Bolibar
Seguro que si, Cecilia