O curso será impartido polos profesores:
María Luisa Aguilar
Doutora en Filoloxía Clásica pola Universitat de València, profesora de Latín no
IES El Puig (València), onde dá as súas clases integramente con métodos activos. Deu
conferencias en latín en España e no estranxeiro; e impartiu varios cursos de
Latín activo, como as dúas edicións do curso promovido por SEEC València, e no
CAELVM, que leva celebrando desde 2013 en Madrid no mes de agosto.
É membro do Circulus Latinus Valentinus.
Jorge Tárrega Garrido
Doutor en Filoloxía Clásica pola Universitat de València. É Profesor de Latín e
Grego no I.E.S. El Grao de València e foi Profesor Asociado na Universidade de
València de 2009 a 2015, na que leva impartindo, ademais doutras materias, 5 anos o Mestrado de
Secundaria- Especialidade Latín. Alén disto é membro da Academia Latinitati Fouendae desde 2015.
No terreo da Didáctica deu conferencias sobre o ensino do Latín en Logroño, Antequera, Castelló,
Mérida, Barcelona, Roma, Amsterdam, Leiden (Países Baixos) ou Oslo (Noruega).
Tamén colaborou como profesor en Madrid no CAELVM (Cursus Aestiuus Latinitatis Viuae
Matritensis) no que participaron 80 alumnos en 2013, 80 en 2014 e 135 en 2015, a maioría
profesores de instituto.
É cofundador do Circulus Latinus Valentinus, que se reúne mensualmente desde 2010.
Título do curso:
LATINE DOCEAMVS, LATINE DISCAMVS
Datas e horario:
Venres 29 de abril de 2016: 17.00 h-21.00 h.
Sábado 1 de maio: 10.00 h-14.00 h.
Venres 13 de maio: 17.00 h-21.00
Sábado 14 de maio: 10.00 h-14.00
Lugar:
Aula D04 da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela:
Número máximo de alumnos:
30 (a admisión será por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade sempre os socios)
Prezo:
50€ socios ordinarios, 0€ socios estudantes.
60€ profesores non socios, 20€ estudantes e parados non socios.