SEECGalicia

Viaxe a Grecia 2015 – Programa

A continuación detallamos o programa da viaxe a Grecia 2015, Operación Atenea, organizada por SEECGalicia para profesores e alumnos de clásicas de centros de ensino de Galicia.A viaxe será durante os días 15 e 22 de febreiro de 2015, haberá 53 prazas dispoñibles, custará 728 euros por persoa (en habitación tripla) e haberá que inscribirse no formulario da web de SEECGalicia dende o 13 ata o 20 de novembro de 2014.

COORDINADORES

Fernando Domènech e María Teresa Amado.

DATAS

15 a 22 de febreiro de 2015. A razón pola que facemos a viaxe de domingo a domingo é porque Iberia xa non voa os sábados a Atenas.

PRAZAS

Ofertaranse 53 PRAZAS, ás máximas que Iberia entende por grupo. O número mínimo é de 40. Os solicitantes que excedan este número pasarán a formar parte dunha lista de espera que se irá actualizando en función das eventuais baixas.

PROGRAMA

Comprobaredes que hai algunhas novidades con respecto a programas de anos anteriores. A fundamental é que se inclúe a visita das ruínas de Mesenia, que son accesibles ao público dende non hai moito tempo e que son moi especiais segundo a opinión dos expertos. Camiño delas visitaremos tamén Esparta e as ruínas da cidade Bizantina de Mystrás, Patrimonio da Humanidade Unesco. Esperamos de corazón que sexan do voso agrado.

DOMINGO 15:

Saída dende Galicia no primeiro voo da mañá; conexión en Madrid para continuar a Atenas. Chégase con tempo suficiente para aloxarse no Hotel Stanley 4**** e para que os profesores fagan cos seus alumnos unha visita turística libre polas zonas máis emblemáticas do centro de Atenas: Plaka, Monasteraki, Psiri, Ágora romana, Syntagma…

LUNS 16:

Mañá: visita á Acrópole, Areópago, Ágora grega e Museo Arqueolóxico Nacional. (O museo da Acrópolis pecha os luns).
Tarde: Estadio Olímpico, Templo de Zeus Olímpico.

MARTES 17:

Saída cara ao Peloponeso.
Mañá: Canal de Corinto, Epidauro e Micenas.
Tarde: Dirixirémonos a Tolo. Aloxamento no hotel Tolo 3***.

MÉRCORES 18:

Saída cara a Esparta.
Mañá: Esparta e a cidade bizantina de Mystrás.
Tarde: Saída cara a Kalamata. Aloxamento no hotel Pharae Palace 4****.

XOVES 19:

Saída cara a Mesenia atravesando o mítico monte Taigetos.
Mañá: Mesenia.
Tarde: viaxe cara a Olimpia. Aloxamento no hotel Neda 4****.

VENRES 20:

Mañá: Olimpia
Tarde: viaxe cara a Delfos. Aloxamento en hotel Delphi Acropole 3***.

SÁBADO 21:

Mañá: Delfos
Tarde: regreso a Atenas visitando de camiño o mosteiro ortodoxo de Osios Lukas. Aloxamento no hotel Stanley.

DOMINGO 15:

A primeira hora da mañá, visita do Museo da Acrópole e despois tempo libre para compras no centro da cidade.
Saída cara ao aeroporto de Atenas para partir ás 16.00, hora local. En Madrid, conexións con Galicia, onde chegaremos entre ás 21 e 23 horas aprox. hora local española.

IMPORTANTE

O calendario semanal pode verse afectado por varias causas: climatoloxía, suxestións do noso guía para visitar algún lugar de interese nos desprazamentos entre cidades, imprevistos, etc.

PREZO

Será de 728€ en cuartos triples. Supón un incremento de 13 euros con respecto á última viaxe. Tendo en conta a suba das taxas aeroportuarias (neste caso 96 euros por billete), cremos que obtivemos un bo prezo unha vez mais.
Este prezo inclúe:
Viaxe en avión (Iberia) e traslado ao hotel en Atenas.
Autocar e guía en español polo Peloponeso.
Entradas gratis a todos os recintos estatais aos menores de 18 anos ou con carné International Student (profesores con carné International Teacher).
Aloxamento con media pensión (almorzo e cea) durante toda a viaxe.
Guía oficial en español durante toda a viaxe. Para os que xa a fixeron en ocasións anteriores, podemos confirmar que se trata unha vez máis do noso querido e admirado Lefteris Gianoulopoulos.
Seguro de Viaxe con Mapfre asistencia.

INSCRICIÓN

Os profesores responsables deberán inscribirse e inscribir os seus alumnos cubrindo o formulario que aparecerá na WEB de Seecgalicia dende o día 12 ata o 20 de novembro de 2014. É necesario cubrir unha inscrición por alumno, sendo o límite posible para cada grupo de 15 inscricións, incluídos profesores acompañantes.

Atenderanse as solicitudes por orde de inscrición tendo preferencia os profesores socios de SEEC Galicia cos seus grupos de alumnos. De non se completar o cupo de prazas poderán ser admitidos outros participantes seguindo esta orde de prelación:
1. Alumnos socios de SEEC Galicia. (Trátase de favorecer aos que teñen menos recursos para acceder a este tipo de viaxes).
2. Resto dos socios de SEEC Galicia (profesores sen alumnos e outros).
3. Non socios, que terán que pagar un extra de 30 euros. (Posibles acompañantes de socios están incluídos dentro deste grupo).
Unha vez finalizada a inscrición, farase pública a lista dos admitidos e será comunicada por correo aos interesados. Os non admitidos inicialmente pasarán a formar parte dunha lista de espera e serán chamados por rigorosa orde en función das eventuais baixas que se produzan.

FORMA DE PAGAMENTO

Os profesores admitidos deberán proceder da seguinte maneira:
PRIMEIRO PRAZO: cada alumno/a (con seus apellidos e nome) deberá ingresar a cantidade de 150€ por persoa na conta que se indicará no seu momento, indicando no concepto dá transferencia: OPERACIÓN ATENEA: VIAXE GRECIA 2015, sendo a data límite para facelo o 10 de decembro. Aconsellamos que cada instituto faga un só ingreso co importe correspondente para facilitar os trámites.
Esta cantidade é esixida por Iberia para formalizar definitivamente a reserva dos voos e non será devolta salvo que existan causas moi fundadas de anulación da reserva (accidentes, enfermidades)
SEGUNDO PRAZO: O resto (578€) uns oito/dez días antes da excursión será ingresado na mesma conta que se indique para o pago do primeiro prazo.

ROGO FINAL DOS COORDINADORES

Intentade aclarar ben ao voso alumnado que será unha VIAXE CULTURAL; non unha viaxe para falar toda a noite no hotel (e aínda menos saír de noite) e despois ter que soportar un grupo de rapaces bocexando e sen prestaren o menor interese ás visitas e ás explicacións. Trátase dunha viaxe de estudos, cun programa intenso, como podedes ver, e no que esperamos dos nosos alumnos o máximo aproveitamento.
Igualmente concienciade os vosos alumnos das consecuencias que para un grupo que está viaxando por Grecia poden ter as actitudes individuais irresponsables.