COORDINADOR
Fernando Domènech
DATAS
2 de marzo a 9 de marzo de 2019. Voltamos a voar de sábado a sábado ao facelo esta vez con Vueling.
PRAZAS
Ofertaranse 52 prazas. O número mínimo é de 40. Os solicitantes que excedan este número pasarán a formar parte dunha lista de espera que se irá actualizando en función das eventuais baixas.
PROGRAMA
Incluímos algunhas novidades que desexamos que sexan do voso agrado e interese e que podedes ver nas fotos adxuntas.
SÁBADO 2:
Saída dende A Coruña no primeiro voo da mañá (os horarios de conexión non permiten saír dende os outros aeroportos de Galicia); conexión en Barcelona para continuar a Atenas. Chégase con tempo suficiente para aloxarse no Crystal ou Delphi*** e para que os profesores fagan cos seus alumnos unha visita turística libre polas zonas máis emblemáticas do centro de Atenas: Plaka, Monasteraki, Psiri, Ágora romana, Syntagma…
DOMINGO 3:
– Mañá: visita á Ágora, Acrópole e Areópago.
– Tarde: Museo da Acrópole.
LUNS 4:
– Saída cara ao Peloponeso pola mañá cedo.
– Mañá: Canal de Corinto, Epidauro e Micenas.
– Tarde: Dirixirémonos cara a Kalamata. Aloxamento no hotel Pharae Palace 4****.
MARTES 5:
– Mañá: Visita de Mesenia.
– Tarde: Museo Arqueolóxico de Kalamata e tempo libre no centro. Aloxamento no hotel Pharae Palace 4****.
MÉRCORES 6:
– Mañá: Saída cara a Methoni. A continuación visitaremos o sitio arqueolóxico do Pazo de Néstor o mítico rei da Odisea, Patrimonio da Humanidade Unesco.
– Tarde: Visita ao Museo Arqueolóxico de Pylos e viaxe cara á Olimpia. Aloxamento no hotel Neda 4***.
XOVES 7:
– Mañá: Visita a Olimpia
– Tarde: viaxe cara Delfos. Aloxamento en hotel Delphi Acropole 3***.
VENRES 8:
– Mañá: Visita a Delfos
– Tarde: regreso a Atenas. Aloxamento no hotel CRYSTAL ou DELPHI ART***
SÁBADO 9:
A primeira hora da mañá, visita do Museo Arqueolóxico Nacional.
Saída cara ao aeroporto de Atenas para partir ás 15.00, hora local. En Barcelona, conexión con A Coruña, onde chegaremos sobre as 21.40 horas.
IMPORTANTE
O calendario semanal pode verse afectado por varias causas: climatoloxía, suxestións do noso guía para visitar algún lugar de interese nos desprazamentos entre cidades, imprevistos, etc.
PREZO
Será de 795€ en habitacións triplas (835 en duplas e 920 en individuais). Este prezo inclúe:
– Viaxe en avión (Vueling) e traslado a hotel en Atenas.
– Autocar e guía en español polo Peloponeso.
– Entradas gratis a todos os recintos estatais aos menores de 18 anos e os profesores acompañantes en exercicio (deberán achegar documento acreditativo dos seus respectivos centros).
Aloxamento con media pensión (almorzo e cea) durante toda a viaxe.
Guía oficial en español durante toda a viaxe. Para os que xa a fixeron en ocasións anteriores, podemos confirmar que se trata unha vez máis do noso querido e admirado Lefteris Gianoulopoulos.
Seguro de Viaxe con Mapfre asistencia.
INSCRICIÓN
Os profesores responsables deberán inscribirse e inscribir os seus alumnos (unha inscrición por cada participante) cubrindo o formulario que aparecerá na WEB de SEECGalicia dende as 15:00 horas do xoves 8 de novembro de 2018 ata as 24.00 h do 15 dese mesmo mes. É necesario cubrir unha inscrición por alumno, sendo o límite posible para cada grupo de 11 inscricións, incluídos profesores acompañantes.
Atenderanse as solicitudes por orde de inscrición tendo preferencia os profesores socios de SEEC Galicia cos seus grupos de alumnos e tendo preferencia igualmente os profesores socios que se puxesen en contacto co coordinador antes do 7 de novembro para informar da súa intención de participar e comunicar o número de participantes no seu grupo. Preténdese así que os participantes saiban se hai superauit de solicitudes antes de inscribirse e non verse sorprendidos a posteriori. Se algún profesor socio inscribe alumnos sen telo comunicado previamente, debe saber que todos os profesores socios que si o fixeron terán preferencia.
De non se completar a oferta de prazas poderán ser admitidos outros participantes seguindo a orde de inscrición e a seguinte orde de prelación:
1. Alumnos socios de SEEC Galicia. (Trátase de favorecer aos que teñen menos recursos para acceder a este tipo de viaxes).
2. Resto dos socios de SEEC Galicia (profesores sen alumnos e outros).
3. Profesores non socios da SEEC con alumnos (o profesor terá que pagar un extra de 30 euros).
4. Non socios, que terán que pagar igualmente un extra de 30 euros. (Posibles acompañantes de socios están incluídos dentro deste grupo).
Unha vez finalizada a inscrición, farase pública a lista dos admitidos e será comunicada por correo aos interesados. Os non admitidos inicialmente pasarán a formar parte dunha lista de espera e serán chamados por rigorosa orde en función das eventuais baixas que se produzan.
Email de contacto co coordinador:
Para evitar suspicacias, o correo enviado será sempre a proba do contacto previo establecido.
FORMA DE PAGAMENTO
Os profesores admitidos deberán proceder da seguinte maneira:
PRIMEIRO PRAZO: ingresar a cantidade de 150€ por persoa na conta que se indicará no seu momento, indicando no concepto da transferencia: OPERACIÓN ATENA: VIAXE GRECIA 2019, sendo a data límite para facelo o 30 de novembro. Pedimos que cada instituto faga un so ingreso co importe correspondente para facilitar os trámites.
Esta cantidade é esixida por Vueling para formalizar definitivamente a reserva dos voos e non será devolta salvo que existan causas moi fundadas de anulación da reserva (accidentes, enfermidades).
SEGUNDO PRAZO
O resto (645€, 685 ou 770€) será ingresado a comezos de febreiro na mesma conta que se indique para o pagamento do primeiro prazo.
ROGO FINAL DOS COORDINADORES
Dirixido sobre todo a profesores que poidan vir por primeira vez. Tentade aclarar ben ao voso alumnado que será unha viaxe cultural; non unha viaxe para falar toda a noite no hotel (e aínda menos saír de noite). Trátase dunha viaxe de estudos, cun programa intenso como podedes ver e no que esperamos dos nosos alumnos o máximo aproveitamento.
Non é necesario recordar que o alumnado estará baixo a responsabilidade directa dos seus profesores e coa obriga de cumprir escrupulosamente as normas que os respectivos centros teñan contempladas nos seus Regulamentos de Réxime Interno. En todo caso, o coordinador reclamará aos profesores participantes o seu cumprimento, mesmo a nivel sancionador, en caso de observar condutas gravemente prexudiciais para o desenvolvemento das nosas actividades.