SEECGalicia

Viaxe a Grecia 2025 – Programa

PRESENTACIÓN

SeecGalicia organiza unha nova viaxe a Grecia en marzo de 2025, OPERACIÓN ATENEA, para profesores e alumnado de clásicas de centros de ensino secundario de Galicia.

COORDINADORA

María Carballeira Fariña

DATAS

1 ao 8 de marzo de 2025

PRAZAS

Ofertaranse 50 PRAZAS. Como xa se anunciou por carta ás socias e socios da SEECGalicia, non existe ningunha posibilidade de ampliar dito número, e teremos que nos adaptar estritamente a el.

PROGRAMA

Sábado 1
Lavacolla – Barajas – Eleftherios – Traslado a Hotel Crystal City 3* ATENAS
Saída dende Galicia no primeiro voo da mañá; conexión en Madrid para continuar a Atenas. Chégase con tempo suficiente para check in e para que os profesores fagan cos seus alumnos unha visita turística libre polas zonas máis emblemáticas do centro de Atenas: Plaka, Monasteraki, Psiri, Ágora romana, Syntagma…
Cea NON incluída

Domingo 2 Hotel Crystal City 3* ATENAS
Almorzo incluído
Ágora, Acrópole e Museo da Acrópole.
Seguramente teremos que levar un pequeno picnic para xantar antes de ir ao Museo.
Cea NON incluída

Luns 3 Hotel Crystal City 3* ATENAS
Almorzo incluído
Saída cara ao Peloponeso.
Mañá: Canal de Corinto, Epidauro e Micenas.
Tarde: Dirixirémonos a Tolo. Aloxamento no hotel Tolo 3*
Cea incluída

Martes 4 Hotel Tolo 3* TOLO
Almorzo incluído
Saída cara a Esparta.
Mañá: Esparta e a cidade bizantina de Mystrás.
Tarde: Saída cara Kalamata. Aloxamento no hotel Menelaion 3*
Cea incluída

Mércores 5 Hotel Menelaion 3*
Almorzo incluído
Saída cara Mesenia atravesando o mítico monte Taygetos.
Mañá: Mesenia.
Tarde: viaxe cara Olimpia. Aloxamento no hotel Neda 3***
Cea incluída

Xoves 6 Hotel Neda 3***
Almorzo incluído
– Mañá: Olimpia
– Tarde: viaxe cara Delfos. Aloxamento en Hotel Acropole Delphi 3***.
Cea incluída

Venres 7 Hotel Acropole Delphi 3***
Almorzo incluído
– Mañá: Delfos
– Tarde: regreso a Atenas. Aloxamento en Hotel Crystal City 3*
Cea NON incluída

Sábado 8 Hotel Crystal City 3*
Almorzo incluído
A primeira hora da mañá, visita libre do Museo Arqueolóxico Nacional e despois tempo para compras no centro da cidade.
Saída cara ao aeroporto de Atenas para partir ás 15.00, hora local. En Madrid, conexión con Galicia.

É importante salientar que este programa pode verse afectado por varias causas: climatoloxía, dispoñibilidade de guías, imprevistos ou algunha mellora que poida xurdir.

PREZO

Será de 975 € para habitacións múltiples (1020 € en dobres e 1240 € en individual).

Este prezo inclúe:
– Viaxe en avión (Iberia), taxas aeroportuarias (70€), traslado ao aeroporto de Atenas.
– Autocar privado durante todo o percorrido polo país.
– Aloxamento con media pensión (almorzo e cea) durante toda a viaxe (excepto as noites que nos aloxamos en ATENAS) e taxa turística (10.5 € en total por habitación).
– Entradas gratis a todos os recintos estatais aos menores de 18 anos e os profesores acompañantes en exercicio (deberán achegar documento acreditativo dos seus respectivos centros).
– Guía oficial en español e audiófonos durante toda a viaxe. É moi importante lembrar o coidado destes audífonos é fundamental, dado que haberá que aboar aqueles que se extravíen ou rompan ao final da viaxe. Farase responsable a cada persoa de coidar do audífono que se lle asigne.
– Seguro de Viaxe con Mapfre asistencia.
Queremos comentar así mesmo que somos conscientes do prezo da viaxe que sobe cada vez máis, a pesar dos esforzos incansables que facemos por apertar o orzamento da mesma. A suba do IVE en Grecia e as taxas hoteleiras fannos imposible rebaixar máis os prezos, tendo en conta todo o que inclúe.
En conclusión, como sabedes, todo é relativo, basta comparar o prezo desta viaxe, a súa duración e os servizos que inclúe con outras viaxes escolares ao uso no presente curso para entender o axustado da nosa oferta.
O prezo Non inclúe as comidas que non se indican expresamente nin algún billete de metro que ocasionalmente houbera que coller para facer algunha visita no tempo libre de cada instituto cos seu respectivo alumnado.
O orzamento está calculado para 50 persoas. De non seren cubertas, teríamos que facer retallos nas actividades ata cadrar os números (ou alternativamente, e se hai acordo, aumentar o prezo).

INSCRICIÓN

É moi importante ler con atención todo o que se di a continuación:
A preinscrición farase da seguinte maneira:

  • Durante esta semana (do 22 ao 27 de outubro) pregamos que o profesorado socio comunique á coordinadora por correo electrónico () a vosa intención de participar na viaxe con alumnado voso. É preciso que comuniquedes o que vai ser definitivo no voso grupo, non sondaxes ou prevións.
  • Podedes comunicar inicialmente que tedes un grupo de ata 5 alumnos/as e un profesor/a acompañante.
  • Deseguido, comunicaremos ao profesorado que fixo esta preinscrición se hai peticións de máis ou, se polo contrario quedan aínda prazas libres.
  • Se non se cobren todas as prazas, ofertaremos ditas prazas ao profesorado que teña interese en inscribir máis de 5 alumnos, e repartiranse equitativamente
  • Se hai peticións de máis, invitaremos igualmente a todos os grupos a que se inscriban na web, sabendo que algún/s deles pasarán a unha lista de espera
  • O criterio para determinar que grupos terán preferencia neste último caso será a antigüidade na SEEC do profesor/a socio/a. De haber algún empate, o seguinte criterio será o número de viaxes realizadas previamente con SEECGalicia
  • Isto permitiranos ter unha radiografía da viaxe xa antes do día da inscrición na web, e nesta só se porá por escrito o que xa sabemos previamente (no que aos grupos de secundaria atinxe).
  • Pedímosvos ao profesorado e ao alumnado, unha vez máis, a máxima seriedade nisto, e que se preinscriba o número de participantes que saiba nesas datas que quere ir, que pode ir, e que vai ter os cartos para ir

Para o caso de que queden aínda prazas libres non ocupadas polo alumnado de secundaria e o profesorado socio, invitamos coma sempre ao alumando socio da SEEC, a persoas socias da SEEC que viaxen sen alumnado, profesores non socios con alumnado (que pagarían un extra de 30 euros) ou mesmo persoas non socias (que pagarán ademáis deses 30 euros por non pertenceren á SEEC outros 30 euros por compra de entradas). A orde de prelación para esas prazas será exactamente a que acabamos de referir neste parágrafo sumada á orde cronolóxica de inscrición na web.

Os profesores responsables deberán inscribirse e inscribir aos seus alumnos cubrindo o formulario que aparecerá na páxina web de SEECGalicia dende ás 15:00 horas do luns 28 de outubro de 2024 ata as 24.00 do luns 4 de novembro. Cómpre cubrir unha inscrición por alumno.

O profesorado que comunicou a súa preinscrición debe cumprimentar á inscrición no formulario da web antes das 24 horas do propio día 4 de novembro. Non facelo causará pasar á lista de espera no caso de que esta exista. Recordade que tedes desde as 15 horas. Hai tempo abondo e orde de inscrición non ten consecuencias durante ese período. Sí que as terá facelo dende as 00.00 horas do día 22

Todo profesor/a, socio ou non socio, que inscriba alumnado sen participar no proceso de preinscrición debe saber que todo o profesorado que si o fixo ten preferencia absoluta sobre el/a.
Todas as incidencias referidas ao proceso de inscrición serán oportunamente comentadas ao profesorado participante, como é norma habitual da casa.

FORMA DE PAGAMENTO

Os grupos admitidos deberán proceder da seguinte maneira:
PRIMEIRO PRAZO: cada instituto participante deberá facer un único ingreso de 150€ por participante (profesor/a incluído/a) na conta que se comunicará no seu momento, antes do martes 18 de novembro. De todo ingreso que se faga poderase obter a correspondente factura. Nós darémosvos as instrucións pertinentes para que a poidades solicitar directamente, sen ter que actuar nós de intermediarios.
Este diñeiro cobrarase como “garantía” de aceptación da viaxe e para facer as reservas oportunas e só poderá ser reintegrado no caso de que o alumno/a que cause baixa sexa substituído por outro.
SEGUNDO PRAZO
: o importe restante haberá que ingresalo na mesma conta contra o final de xaneiro

ACLARACIÓN FINAL
Dirixido sobre todo a quen participe por primeira vez. Intentade deixar ben claro ao voso alumnado que será unha viaxe cultural; non unha viaxe para falar toda a noite na habitación do hotel (e aínda menos saír de noite). Non queremos atoparnos unha rapazada cansa e desinteresada nas verdadeiras fins da viaxe. Trátase dunha viaxe de estudos, cun programa intenso e cun custo importante, no que esperamos do noso alumnado o máximo aproveitamento.
Cómpre recordar que o alumnado estará baixo a responsabilidade directa do seu profesorado e coa obriga de cumprir escrupulosamente as N.O.F. que os respectivos centros teñan contempladas para as viaxes escolares. En todo caso, SEECGalicia, de observar condutas prexudiciais para o desenvolvemento das nosas actividades, reclamará ao profesorado participante o cumprimento das N.O.F do seu centro, mesmo a nivel sancionador. Igualmente demandará do profesorado implicado tanto que proceda a reclamar ao seu alumnado a compensación correspondente polas perdas ou deterioros nos que puideren incurrir (audífonos, elementos das habitacións dos hoteis, etc.) como que, se for necesario, lle expliquen aos pais e nais correspondentes as razóns polas que lle foi requirida ao seu fillo/a dita compensación