Desde hai uns días está dispoñíbel a nova App para Android “Latingal”.
Trátase dun dicionario (offline) Latín-Galego para Android (xa se está a traballar na versión para IOS). Ten máis de 30.000 entradas e é moi práctico, versátil e rápido posto que unha vez instalado non necesita datos para a súa consulta.
Esta aplicación vén asinada polos profesores José Carracedo Fraga, actual presidente da SEEC-Galicia, e Raúl Gómez Pato.
Durante a apresentación da app os autores declararon que confían e agardan que “esta ferramenta sexa de utilidade para todas as persoas interesadas tanto na Lingua Latina como na nosa lingua, o galego. Temos a esperanza, ademais, de que axude a divulgar e facer máis visíbeis e atractivas ambas as dúas linguas.”
Desde a SEEC-Galicia aplaudimos esta iniciativa e agradecemos aos seus autores o esforzo.