SEECGalicia

Festival de Teatro Grecolatino Lugo 2005 – Programa e reserva de praza

Coordinadora

Dulce Estefanía e Mª Teresa Amado

Lugar

Auditorio “Gustavo Freire”.

Programa

Día 7 de abril, xoves

12:00 Antígona, de Sófocles
Grupo Sardiña
dos IES Elviña e Paseo de los puentes da Coruña

17:00 Casina, de Plauto
Grupo Sardiña
dos IES Elviña e e Paseo de los puentes da Coruña

Día 8 de abril, venres

12:00 Edipo Rey, de Sófocles
Grupo Arthistrion/Calatalifa
de Villaviciosa de Odón, Madrid

17:00 Cistellaria, de Plauto
Grupo Arthistrion/Calatalifa
de Villaviciosa de Odón, Madrid

As reservas

Os centros reservarán entrada enviando unha mensaxe ó fax 981 57 46 46 á atención de Dulce Estefanía ou directamente cubrindo un Formulario que sairá na web.

Prazo

Poderán facerse dende o 22 de novembro de 2004 ata o 31 de xaneiro de 2005.

Aportación por alumno e lugar de ingreso

Por cada unha das representacións, o alumno aboará 4 euros. Os ingresos faranse na conta 2091 0343 72 3040005068 de Caixa Galicia, Vista Alegre 112, Santiago de Compostela.

Follas de pagamento

Unha vez feita a reserva de praza, enviarase por correo a folla de pagamento
cumprimentada e o xustificante de ingreso bancario a: Mª Teresa Amado, Facultade de Filoloxía, Avda. de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela.

Anularanse as reservas cuxas follas de pagamento e xustificantes de pago non teñan sido recibidas nos 15 días hábiles posteriores á data de realización das mesmas.

* A folla de pagamento envíase ós centros co programa completo das representacións de PROSOPON en todo o estado. Tamén se pode descargar aquí.

Xustificante de pago bancario

Farase constar nel o nome do centro e o DNI do profesor responsable. Enviarase por correo ordinario ou electrónico (escaneado) ó seguinte enderezo: Teresa Amado, Facultad de Filología, Avda de Castelao s/n, 15782 Santiago de Compostela.

No caso de utilizar o correo Electrónico a dirección é: .

Anularanse as reservas das que non se teña recibido xustificante de pago nos 15 días hábiles posteriores á data de realización.

Envío de obras e entradas

A partir do 1 de febreiro de 2005.

Contactos

Dulce Estefanía, tfn. 981 56 31 00, extensión 11844 (horario de lunes a venres de 11:30 a 13:30).

Visitas

En Lugo murallas e termas romanas. Museo Provincial. Alrededores de Lugo: Santa Eulalia de Bóveda (ninfeo) e castro de Viladonga con museo didáctico.
Oficina de turismo tfn. 982 23 13 61
Web do Concello de Lugo

Patrocina

Concello de Lugo e Delegación Galega da SEEC.