Coincidindo coa entrega de premios ás gañadoras/es da II Olimpíada de Tradución, SEEC Galicia organiza obradoiros de cultura clásica para alumnado de primaria, secundaria e bacharelato na Facultade de Filoloxía o vindeiro martes 3 de maio. Esta actividade pioneira, que pretende ter continuidade, inspírase nos obradoiros que noutras comunidades organizan entidades como a Domus Baebia Saguntina ou, na nosa propia, profesores como Fernando Lillo, que xenerosamente nos achegaron ideas e materiais.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Data:
Martes 3 de maio de 2016.
Obradoiros
De 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 18.30 nos baixos da Facultade de Filoloxía da USC.
(duración 1 h.)
Obradoiro de cociña
Obradoiro de música
Obradoiro de xogos
Obradoiro de escritura latina e grega
Obradoiro de moda clásica
Itinerario mitolóxico por Compostela.
Itinerario mitolóxico:
Saídas ás 12.00 e16.30 da Praza do Obradoiro.
Entrega de premios II Olimpíada de tradución:
19.00 horas no salón de graos.
O mito da caverna, unha interpretación en movemento:
Sobre as 19.30, despois da entrega de premios, nos baixos da Facultade de Filoloxía (duración 15 m.)
Estas actividades correrán a cargo do alumnado de Filoloxía Clásica da USC, IES Arcebispo Xelmírez II, IES de Ames e IES de Melide. Nesta primeira edición as actividades ofertadas non terán custe para o alumnado, correndo a cargo da Sección Galega da SEEC.
Para poder participar nestas actividades o profesorado responsable deberá cubrir e enviar o seguinte formulario de inscrición até o día 27 de abril: