SEECGalicia

Odisea 2014, IX edición

A Sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (S.E.E.C.) convoca a IX edición do concurso ODISEA.

Terá lugar entre os días luns 3, martes 4, mércores 5 e xoves 6 de febreiro (primeira fase), e os días mércores 12 de febreiro e mércores 21 de febreiro de 2014 (desempate local e fase final estatal respectivamente), segundo se detalla no calendario.

Nesta edición participarán as seccións da SEEC de Valencia-Castellón e de Alacant, a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya(APLEC), e as seccións da SEEC de Aragón e Valladolid.

Animamos unha vez máis a todo o profesorado e alumnado de  Cultura Clásica, de Grego e de Latín a participar no concurso coa ilusión renovada de contribuír así á pervivencia das clásicas no ensino secundario.