A Sección Galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEEC) anuncia que a próxima edición do concurso “en liña” Odisea se ha celebrar entre o 26 de xaneiro e o 13 de febreiro de 2015. Queremos que todo o profesorado de Galicia saiba con suficiente antelación as datas da celebración do concurso Odisea 2015 para que poida propor nos seus propios centros esta actividade dentro do Plan anual de actividades extraescolares e complementarias.
Para a edición 2015 está confirmada a participación das seccións da SEEC de Galicia, València-Castelló e Alacant, Aragón, Valladolid, La Rioja, Extremadura, Málaga e Cádiz, e a asociación de profesores de Lenguas Clásicas de Cataluña, APLEC.
A inscrición terá lugar desde o 1 de decembro ata o 23 de xaneiro e o concurso será os días 26, 27, 28 e 29 de xaneiro. Caso de haber equipos empatados, celebrarase un preguntón de desempate o día 4 de febreiro. Unha vez rematada a fase autonómica, os gañadores da fase autonómica competirán entre si o día 11 de febreiro.
O tema sobre o que versará o concurso será O amor en Grecia e Roma.